Apocalypse Now
| Apocalypse Now | |
|---|---|
Logotipo do filme | |
| Ficha técnica | |
| Título orixinal | Apocalypse Now |
| Director | Francis Ford Coppola |
| Produtor | Francis Ford Coppola |
| Guión | John Milius Francis Ford Coppola Michael Herr (narración) |
| Baseado en | Corazón da escuridade de Joseph Conrad |
| Intérpretes | Marlon Brando Robert Duvall Martin Sheen Frederic Forrest Albert Hall Sam Bottoms Laurence Fishburne Dennis Hopper |
| Música | Carmine Coppola Francis Ford Coppola |
| Fotografía | Vittorio Storaro |
| Montaxe | Richard Marks Walter Murch Gerald B. Greenberg Lisa Fruchtman |
| Estudio | Zoetrope Studios |
| Distribuidora | United Artists |
| Estrea | 1979 |
| Duración | 153 minutos |
| Orixe | |
| Xénero | Bélico, Drama |
| Orzamento | $31 500 000[1] |
| Recadación | $150 000 000 |
| Na rede | |
| https://www.lionsgate.com/movies/apocalypse-now | |
Apocalypse Now é un filme estadounidense dirixido por Francis Ford Coppola que se estreou en 1979. O guión de John Milius e Coppola vén da idea de Milius de adaptar a novela de Joseph Conrad Corazón da escuridade coa ambientación da Guerra de Vietnam. É un filme de guerra épico ambientado nos últimos anos da guerra, e está protagonizado por Marlon Brando, Robert Duvall e Martin Sheen. O filme céntrase na historia do Capitán de Operacións especiais Benjamin L. Willard (Sheen), que ten a misión de asasinar un americano renegado e tolo, o Coronel Walter E. Kurtz (Brando).
Sinopse
O Capitán Willard é un oficial dos servizos de intelixencia do exército estadounidense ó que lle encomendan a perigosa misión de eliminar a Kurtz, un coronel renegado que se volveu tolo no medio da Guerra de Vietnam. No corazón da selva, nun campamento inzado de cabezas cortadas e cadáveres putrefactos, a enorme e enigmática figura de Kurtz reina como un deus despótico sobre os membros da tribo Montagnard.
Personaxes
- Martin Sheen como Capitán Benjamin L. Willard
- Marlon Brando como Coronel Walter E. Kurtz
- Robert Duvall como Tenente Coronel William "Bill" Kilgore
- Frederic Forrest como Jay "Chef" Hicks
- Albert Hall como George Phillips
- Sam Bottoms como Lance B. Johnson
- Laurence Fishburne (nos créditos como "Larry Fishburne") como Tyrone "Mr. Clean" Miller
- Dennis Hopper como Foto xornalista americano
- G.D. Spradlin como Tenente Xenerañ Corman
- Jerry Ziesmer como o home misterioso
- Harrison Ford como Coronel Lucas
- Scott Glenn como Capitán Richard M. Colby
- Bill Graham como Axente das bailarinas
- Cynthia Wood como Bailarina do ano
- Linda (Beatty) Carpenter como Bailarina "Miss Agosto"
- Colleen Camp como Bailarina "Miss Maio"
- R. Lee Ermey como Piloto de helicóptero
- Christian Marquand como Hubert de Marais
- Aurore Clément como Roxanne Sarraut-de Marais
- Roman Coppola como Francis de Marais
- Francis Ford Coppola como o director rodando o combate na praia; el berra "Don't look at the camera, keep on fighting!" (Non mires á cámara, segue loitando).
Galardóns e nomeamentos
- 1979: 2 Oscars: Mellor fotografía e son. 8 nomeamentos.
- 1979: Festival de Cannes: Palma de Ouro.
- 1979: Premios David di Donatello: Mellor director estranxeiro.
- 1979: 3 Globos de Ouro: Director, Actor Secundario (Robert Duvall) e Banda Sonora. Nomeado a mellor filme.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)