Dheepan

Dheepan
Ficha técnica
Título orixinalDheepan
DirectorJacques Audiard
Produtor
  • Pascal Caucheteux
  • Jacques Audiard (sen acreditar)
Guión
  • Jacques Audiard
  • Thomas Bidegain
  • Noé Debré
IntérpretesAntonythasan Jesuthasan
MúsicaNicolas Jaar
FotografíaEponine Momenceau
MontaxeJuliette Welfling
Estudio
  • Canal+
  • Ciné+
  • France 2 Cinéma
  • France Télévisions
  • Page 114
  • Why Not Productions
DistribuidoraUGC Distribution
EstreaFestival de Cannes: 21 de maio de 2015
Francia 26 de agosto de 2015
Duración115 minutos[1]
Orixe Francia
XéneroDrama
Orzamento8 millóns de euros[2]
Recadación4,9 millóns de dólares[3]
Na rede
IMDB: tt4082068 Filmaffinity: 177901 Allocine: 232070 Rottentomatoes: m/dheepan Mojo: dheepan Allmovie: v631809 Metacritic: movie/dheepan TV.com: movies/dheepan BNE: XX5617926 Netlix: 80058879 Editar o valor en Wikidata

Deephan é un filme dramático francés do ano 2015 dirixido por Jacques Audiard. É recoñecido por gañar a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes nese mesmo ano, e polos nove nomeamentos que obtivo aos premios César, incluíndo mellor filme, mellor actor e mellor director.

Sinopse

Un home foxe da guerra civil en Sri Lanka e, para conseguir que Francia lle conceda o dereito de asilo, fai pasar pola súa familia a unha muller e a unha nena que están tamén a fuxir do país. Unha vez en chan francés, atopa traballo como conserxe nun edificio situado nun barrio problemático da periferia. A pesar de que non falan francés, adáptase progresivamente ó seu novo país.

Personaxes

O equipo de Dheepan no festival de Cannes de 2015.
  • Antonythasan Jesuthasan como Dheepan/Sivadhasan
  • Kalieaswari Srinivasan como Yalini
  • Claudine Vinasithamby como Illayaal
  • Vincent Rottiers como Brahim
  • Marc Zinga como Youssouf
  • Faouzi Bensaïdi como Mr. Habib
  • Bass Dhem como Azziz
  • Franck Falise conserxe de Hallway C
  • Joséphine de Meaux como directora
  • Jean-Baptiste Pouilloux como xurista
  • Nathan Anthonypillai como intérprete
  • Vasanth Selvam como coronel Cheran

Acollida

Recadación

Dheepan estreouse nos cinemas de Francia o 28 de agosto de 2015. O filme recadou 3 882 022 dólares en Franci e 999 774 fóra de Francia, facendo un total de 4 881 796 dólares.[3]

Notas

  1. British Board of Film Classification, ed. (21 de decembro de 2015). "Dheepan (15)". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 7 de xaneiro de 2016. 
  2. JP's Box-Office (ed.). "Dheepan". 
  3. 3,0 3,1 Box Office Mojo (ed.). "Dheepan (2016) - International Box Office Results". Internet Movie Database. Consultado o 7 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas