Balzers
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Liechtenstein | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.628 (2019) | ||||
| Lingua oficial | lingua alemá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 19,6 km² | ||||
| Altitude | 472 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 842 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Hansjörg Büchel (2015–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 9496 | ||||
| Prefixo telefónico | 7003 | ||||
| ISO 3166-2 | LI-01 | ||||
| Sitio web | balzers.li | ||||
Balzers é un concello situado no suroeste do principado de Liechtenstein. Contaba en 2010 cunha poboación de 4 529 habitantes. A maior parte da localidade está situada na ribeira este do río Rin.
Xeografía
Limita ao norte co municipio de Triesen polo leste e cos municipios suízos de Wartau ao norte, Maienfeld e Fläsch ao sur, e ao suroeste con Sargans. Ademais, grazas aos seus dous exclaves limita tamén cos municipios de Triesenberg, Planken, Schaan e Vaduz en Liechtenstein, e Frastanz e Nenzing en Austria.
Lugares de interese
- Pavillón deportivo.
- Río Rin
- Castelo de Burg Gutenberg.
- Parroquia de Balzers.
Transporte
Para chegar a Balzers pódese coller o autobús ou ben un coche. Tamén se pode chegar en tren, a pesar de que a estación máis próxima (Forst Hilti) áchase ao sueste. Na cidade hai numerosos carrís bici e pódese alugar unha moto ou un coche na cidade.
Deportes
Balzers conta cunha das poucas piscinas climatizadas do país. É unha piscina olímpica e atópase no pavillón deportivo, onde tamén hai canchas de fútbol, de baloncesto, de balonmán (aínda que a utilizan para xogar a hóckey) e unha sala multiúsos. O equipo de fútbol da cidade é o FC Balzers.
