Bogen
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Baviera | ||||
| Distrito rexional | Baixa Baviera | ||||
| Rural district of Bavaria (en) | Straubing-Bogen (pt) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 10.333 (2023) | ||||
| Número de fogares | 2.993 (1987) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 49,74 km² | ||||
| Altitude | 322 m | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Franz Schedlbauer (en) Andrea Probst (pt) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 94327 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 09422 | ||||
| Clave de rexión en Alemaña | 092780118118 | ||||
| Número de municipio alemán | 09278118 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | bogen.de | ||||
Bogen (en bavarés: Boong) é unha cidade do Landkreis de Straubing-Bogen no Land de Baviera, Alemaña. No seu termo municipal hai un santuario mariano antigo, lugar de peregrinacións, instalacións militares, como a Graf-Aswin-Kaserne, e unha rica paisaxe natural.[1]
Situación
Bogen está entre situado entres as ladeiras sur do bosque bávaro (Bayerischer Wald) e o río Danubio.
A cidade está ao pé do Bogenberg (literalmente, "monte de Bogen"), un outeiro na beira do Danubio.

Demografía
Nos inicios da década de 2020 había censados uns 10.000 habitantes.[1]
Historia e economía
A economía local susténtase na agricultura e o turismo, con festas tradicionais, lugares atractivos para os amantes da natureza e unha arquitectura que conserva elementos medievais.[1]
Prehistoria e Idade Antiga
A rexión onde se atopa Bogen foi habitada desde tempos prehistóricos, como evidencian os achados arqueolóxicos. Durante o período romano, a área estivo baixo influencia romana como parte da fronteira norte do Imperio, coñecida como o limes Germanicus.
Idade Media
Os Wittelsbach asumiron o control de Baviera tras a extinción dos Condes de Bogen no 1242. Este e outros territorios pasaron a formar parte dos seus dominios, reclamando o trono de rexións como o Palatinado e por momentos, Bohemia e Hungría.
Idade Moderna e Contemporánea
A Guerra dos Trinta Anos no século XVII devastou a Baviera, incluíndo Bogen. No século XIX, coa consolidación dos estados alemáns e a formación do Imperio Alemán en 1871, o reino de Baviera, viu un importante crecemento.
Tras a revolución alemá de 1918, Baviera converteuse nun estado libre dentro da República de Weimar, e Ludwig III, o último rei de Baviera, foi deposto. Durante o século XX, Bogen e Baviera sufriron as dúas guerras mundiais e cambios significativos na RFA e posteriormente na Alemaña unificada.
Irmandamentos
Arthez-de-Béarn (fr) - 4 de agosto de 1982
Arco - Trentino - 3 de setembro de 1983
Schotten - Hesse - 3 de xuño de 2001
Wilhering - Austria - 22 de outubro de 2002
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "About: Bogen, Germany". dbpedia.org. Consultado o 2024-08-14.
Véxase tamén
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |