Brisingr
| Brisingr | |
|---|---|
| Título orixinal | Brisingr |
| Autor/a | Christopher Paolini |
| Ilustrador/a | John Jude Palencar |
| Cuberta | John Jude Palencar |
| Orixe | Estados Unidos |
| Lingua | inglés |
| Colección | Inheritance Cycle |
| Xénero(s) | Ficción xove-adulto Fantasía |
| Editorial | Alfred A. Knopf |
| Data de pub. | 20 de setembro de 2008 |
| Páxinas | 749 |
| Precedido por | Eldest |
| Seguido por | Inheritance |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Brisingr é o terceiro libro do Inheritance Cycle de Christopher Paolini e a secuela de Eldest. Foi lanzado o 20 de setembro de 2008. Orixinalmente, Paolini tiña pensado presentar o Inheritance Cycle en tres libros, pero durante a creación do terceiro decidiu que a serie era demasiado complexa para comprimila toda nun libro. A versión de luxo de Brisingr, na que se inclúen escenas eliminadas e curiosidades, foi estreada o 13 de outubro de 2009.
Brisingr céntrase na historia de Eragon e a súa dragona Saphira a medida que continúan a súa viaxe para derrocar ó gobernante corrupto do Imperio, Galbatorix. Eragon é un dos derradeiros Xinetes de Dragón, un grupo que gobernou o mundo ficticio de Alagaësia, que é o lugar onde ocorren tódolos feitos. Brisingr comeza no punto inmediatamente despois no que conclúe a anterior, Eldest.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Web oficial (en inglés)
- Wiki de Inheritance (en inglés)