Caerleon
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Reino Unido | ||||
| País | Gales | ||||
| Distritos (pt) | Newport (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 7.971 (2021) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | NP18 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 01633 | ||||
| Sitio web | caerleon.net | ||||

Caerleon (Caerllion en galés) é unha vila suburbana do sur de Gales, localizada no condado de Gwent á beira do río Usk e na periferia norte de Newport. Segundo o censo do 2001 tiña unha poboación de 8 708 habitantes. Tamén é un centro arqueolóxico de grande importancia, con vestixios dunha fortaleza romana ("Isca Augusta") e unha construción da Idade de Ferro.
Materia de Bretaña
Caerllion é descrito en Historia Regum Britanniæ de Geoffrey de Monmouth, como unha das cidades máis importantes da Bretaña. A narración vai dende a súa fundación polo rei Belinus até a designación como sede bispal en época de san Dubricius. Posteriormente, San David trasladará a sede á catedral de San David. Geoffrey de Monmouth foi quen situou alí a corte do Rei Artur. Foi Chrétien de Troyes quen introduciu o nome de Camelot nas lendas da Materia de Bretaña.