Capcom
| Capcom | |
|---|---|
| Tipo | distribuidora de videoxogos e empresa |
| Data de fundación | 30 de maio de 1979 |
| Fundador(es) | Kenzō Tsujimoto |
| Nº de empregados | 2.832 |
| Traballos destacados | Street Fighter II, Gun.Smoke, The King of Dragons, Ghosts'n Goblins, Tiger Road, Final Fight e 1943: The Battle of Midway |
| Organización subsidiaria | Blue Castle Games, Capcom Production Studio 5 e Capcom Production Studio 3 |
| Premios | Golden Joystick Awards − Studio of the Year |
| Sede | 中央区, 中央区 e 中央区 |
| País | Xapón |
| Na rede | |
| https://www.capcom.com/, https://www.capcom.co.jp/ e https://capcom-germany.de/ | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Capcom Co. Ltd (株式会社カプコン Kabushiki-gaisha Kapukon) é unha empresa xaponesa programadora e distribuidora de videoxogos. Foi fundada en 1979 coma unha empresa creadora e distribuidora de máquinas de videoxogos baixo o nome de Japan Capsule Computers. A súa sede atópase en Osaka, Xapón.
Historia
O nome de Capcom provén de Capsule Computers. Nos anos 80, Capcom produciu diversos xogos para máquinas recreativas: Vulgus, 1944, Street Fighter e Final Fight. En 1987, produciu Mega Man para NES. En 1989, produciu Ghouls 'N Ghosts para Sega. En 1991 produciu Street Fighter II para máquinas arcade e para SNES. En 1994 lanzou Breath of Fire, un RPG para SNES. En 1996 lanzou o primeiro Resident Evil para PlayStation, PC Windows e Sega Saturn. Na década dos 2000, xa consolidada a compañía, creou novas series incluíndo: Viewtiful Joe, Okami, Onimusha, Dead Rising e outras. Tamén se introduciu no mercado das descargas dixitais a través de Steam e dos móbiles.