Chiclayo
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Perú | |||
| Rexión | Lambayeque | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 552.508 (2017) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 6.211 km² | |||
| Altitude | 27 m | |||
| Creación | 1835 | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 14000–14013 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 74 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
Chiclayo é unha cidade do noroeste peruano, capital da provincia homónima e do departamento de Lambayeque. É a cuarta cidade máis poboada do país, alcanzando oficialmente e segundo proxeccións do INEI do ano 2012, os 583.159 habitantes.[1]
Foi fundada baixo o nome de Santa María de los Valles de Chiclayo en 1720; elevada á categoría de vila en 1827, por decreto do Presidente Mariscal José de La Mar; e en 1835, durante o goberno do Presidente Coronel Felipe Santiago Salaverry foille conferido o título de «Cidade Heroica».[2]
Toponimia
Existen moitas versións sobre a orixe etimolóxica do nome Chiclayo. Unha das versións atribúe o nome a un indíxena chamado “Chiclayoc” ou “Chiclayep” que carrexaba xeso entre as primixenias cidades de Saña, Lambayeque e Mórrope. Outra versión sostén que cando a cidade se encontraba en proceso de formación, dábase en abundancia un froito de cor verde chamado “Chiclayep” ou “Chiclayop”, que en lingua mochica significa «verde que colga». Segundo outra versión a cidade toma o nome dunha especie de cabaza denominada «chiclayo» nas vilas da serra de Cajamarca. Outra denominación indica que é unha palabra traducida do mochica que deriva de «Cheqta» que significa «a metade» e «Yoc» que significa «propiedade de» compoñendo «terreo do medio de propiedade común». E outros indican que en lingua mochica hai palabras semellantes a Chiclayo, por exemplo, “Chiclayap” ou “Chekliayok”, que quere dicir «lugar onde hai ramas verdes».
Notas
- ↑ "Población oficial 2012" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de setembro de 2012. Consultado o 01 de decembro de 2012.
- ↑ Estudio del PNUMA, la Univesidad Señor de Sipan y la Municipalidad provincial de Chiclayo,páx. 1. Consultado o 1 de decembro de 2012.