Fonte

O termo fonte designa polo xeral un lugar natural ou dispositivo artificial de onde sae ou abrolla algo.

Manancial

  • Fonte, lugar onde mana auga, que pode proceder dunha corrente subterránea natural ou ser conducida artificialmente, manancial, gurgullo, groto, illó. Unha fonte pequena é unha fontela ou fontenla.

Arquitectura

Figurativo

  • Fonte, lugar de onde flúe un líquido con abundancia, coma o petróleo.
  • Fonte, cousa na que ten orixe ou principio algo.
  • Fonte, lugar ou persoa de onde se obtén información.

Cociña

  • Fonte, prato grande onde se serve a comida, prata, bandexa. Por extensión, a cantidade de alimento que cabe neste prato.

Física

  • Fonte de luz, obxecto que produce luz, foco.
  • Fonte de calor, obxecto que produce calor.

Informática e electrónica

  • Código fonte, xerado por programadores.
  • Fonte de alimentación, aparello ou sistema que subministra a enerxía necesaria para que un dispositivo eléctrico ou mecánico funcione, alimentador.
  • Fonte tipográfica, anglicismo estendido para nomear aos tipos de letra.
  • Fonte eléctrica, circuíto ou dispositivo eléctrico que fornece unha diferenza de potencial ou unha corrente de xeito confiábel para que outros circuítos poidan funcionar.
  • Fonte web, usada en Internet para a distribución de información actualizada.
  • Fonte de enerxía.

Metodoloxía de pescudas

Dereito

Teoloxía

  • Fonte da teoloxía.
    • Fonte bíblica

Antroponimia

  • Fonte, apelido galego que podería ter a súa orixe en Pontedeume, existen numerosos derivados: Fontaíña, Fontenla, Fonteboa, Fontela, Dafonte etc.

Toponimia

Galicia

Co topónimo Fonte podemos referirnos a varios lugares de Galicia, tamén deu lugar a numerosos hidrónimos derivados (Fontenla, Fontao, Fontecada, Fontesnovas...):

Portugal

Italia

  • Fonte, vila e comune italiana da provincia de Treviso, rexión de Véneto.

Véxase tamén

Outros artigos