Franco Condado
| Franche-Comté (fr) | |||||
| Epónimo | Condado de Borgoña | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Capital | Besançon | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 16.202 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Disolución | 31 de decembro de 2015 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
Franco Condato (en arpitano: Franche-Contât, en francés: Franche-Comté, en francocontés: Fraintche-Comtè) é unha rexión no leste de Francia, situada entre a Borgoña francesa e Suíza. Conformada por catro departamentos, a súa capital (chef-lieu) é a cidade de Besançon.
Orixe do nome Franco Condado
O nome de Franco Condado non aparece oficialmente até 1478, falándose anteriormente do Condado de Borgoña. Distínguese da Borgoña ducal ou Borgoña francesa (o Ducado de Borgoña), e a diferenza da cal recibe tamén as denominacións históricas de Borgoña condal ou Borgoña española.
A tradición conta que o conde borgoñón Rexinaldo III de Borgoña se negou en 1478 a render tributo ao Sacro Imperio, feito que lle deu o sobrenome de «Franco Conde»; de aí viría o nome de Franco Condado.
Historia
- Artigo principal: Condado de Borgoña.
Xeografía
A superficie da rexión é de 16.190 km² e a súa poboación é duns 1 100 000 habitantes.
O Franco Condado é unha rexión de auga, bosques de abetos (o 40 % da superficie da rexión está cuberta de bosques) e de grandes espazos protexidos, como, por exemplo, os parques rexionais do Alto Jura.
Comprende a maior parte do macizo do Xura e, no norte, parte do Ballon d'Alsace, última cima do extremo sur dos Ballons dos Vosgos.[1] A altura máxima é o pico Crêt Péla, de 1.500 m.
Divisións
A rexión do Franco Condado divídese en catro departamentos
Notas
- ↑ DREAL Franche-Comté (2 de xaneiro de 2014). "Ballon d'Alsace" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 6 de xullo de 2014.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |