Garda
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| País | Italia | ||||
| Rexión | Véneto | ||||
| Provincias | Provincia de Verona | ||||
| Capital | Garda | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.143 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 14,37 km² | ||||
| Bañado por | Lago de Garda | ||||
| Altitude | 67 m | ||||
| Comparte fronteira con | Costermano (pt) San Felice del Benaco (pt) Torri del Benaco (pt) Manerba del Garda (pt) Bardolino (pt) | ||||
| Santo padrón | Asunción de María | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 37016 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 045 | ||||
| Identificador ISTAT | 023036 | ||||
| Código catastral italiano | D915 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | comune.garda.vr.it | ||||
Garda é un concello italiano da provincia de Verona, na rexión do Véneto. Ten 3.802 habitantes (en 2007) e esténdese por unha área de 16,11 km², tendo unha densidade de poboación de 236 hab/km².
Xeografía
Garda está a 32 quilómetros de Verona, ao noroeste desta capital italiana. Está na costa veronesa do Lago de Garda, antigamente coñecido como Benàcus o Benàco.
Fai fronteira cos concellos de: Bardolino, Costermano, Manerba del Garda (BS), San Felice del Benaco (BS) e Torri del Benaco.
Historia
O nome da cidade parece derivar da palabra alemá "Warte" (garda), cunha evidente alusión á fortaleza construída contemporaneamente ás primeiras invasións bárbaras na Rocca di Garda, o outeiro que protexe o concello.
Economía
A economía de Garda está moi baseada na actividade turística xerada arredor do lago homónimo. Ten especial prevalencia a actividade hostaleira e hoteleira. É abondosa a presenza de turistas alemáns na zona.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |