Gotha
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Turinxia | ||||
| Rural district of Thuringia (en) | Distrito de Gotha | ||||
| Capital de | Distrito de Gotha Saxe-Gotha (en) ducado de Saxonia-Coburgo e Gotha (1826–1918) Kreis Gotha (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 46.300 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 69,58 km² | ||||
| Altitude | 300 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Knut Kreuch (pt) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 99867 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 03621 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | gotha.de | ||||
Gotha é unha cidade capital do distrito de Gotha, en Turinxia, Alemaña. A súa superficie é de 69,58 km² e a poboación de 46 019 habitantes (2022) e ten unha densidade de poboación de 661,38 hab./km².
Historia
A cidade existe cando menos desde o século VIII, cando o seu nome aparece como Villa Gotaha nun documento asinado por Carlomagno, foi a antiga capital do ducado de Saxonia-Coburgo-Gotha, máis tarde substituída por Coburgo tras a anexión do ducado de Saxonia-Coburgo-Saalfeld. É nesta cidade onde primeiro se publicou o Almanaque de Gotha (1764). Gotha xogou un importante papel no movemento obreiro alemán, en 1875 fundouse aquí o Partido Socialista dos Traballadores Alemáns (SPD) ao se unir o Partido de Traballadores Socialdemócratas de Alemaña, liderado por August Bebel e Wilhelm Liebknecht, e a Asociación Xeral de Traballadores Alemáns, fundada por Ferdinand Lassalle, o seu programa, coñecido como o Programa de Gotha foi duramente criticado por Karl Marx.