Guapi
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Colombia | ||||
| Departamento | Cauca | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 29.797 (2016) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 2.688 km² | ||||
| Bañado por | Océano Pacífico | ||||
| Altitude | 6 m | ||||
| Creación | 11 de decembro de 1772 | ||||
| Sitio web | guapi-cauca.gov.co | ||||
Guapi é unha vila e concello do departamento do Cauca, en Colombia.[1] O núcleo de poboación do concello atópase na beira do río Guapi, a 6,4 quilómetros do océano Pacífico, e tamén inclúe a illa Gorgona.
Cultura

Guapi é unha zona predominantemente afrocolombiana e católica,[2][3] cunha rica historia local. Como parte de dúas cerimonias celebradas no Nadal, os habitantes de Guapi constrúen balsadas -embarcacións artesanais de dous pisos decoradas con materiais autóctonos- cada decembro. Esta tradición considérase "unha manifestación cultural que se conservou durante séculos e que está ligada á historia de resistencia da comunidade negra".[2]
Notas
- ↑ "Sitio web del municipio Guapi en Cauca". guapi-cauca.gov.co. Arquivado dende o orixinal o 2007-07-27. Consultado o 2016-06-06.
- ↑ 2,0 2,1 "Row over ancestral festivity divides Afro-Colombian town". BBC News (en inglés). 2022-12-14. Consultado o 2022-12-16.
- ↑ Fides, Agenzia. "VATICAN - Cardinal Filoni in Guapi: "It is necessary to develop a strong missionary conscience" - Agenzia Fides". fides.org. Consultado o 2022-12-16.