Inashiki
| 稲敷市 (ja) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Xapón | ||||
| Prefecturas | Prefectura de Ibaraki | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 38.853 (2021) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 205,81 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 22 de marzo de 2005 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | city.inashiki.lg.jp… | ||||
Inashiki (稲敷市, いなしきし, Inashiki-shi) é un concello xaponés da prefectura de Ibaraki. Está situado no centro-leste da rexión de Kantō e ao sur da prefectura, e na zona da provincia histórica de Hitachi, na parte leste da illa de Honshu. A súa superficie é de 205,78 km², a poboación é de 47.302 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 230 hab./km².
O concello de Inashiki limita cos concellos de Miho, Ryūgasaki, Ushiku, Ami, Kawachi, Itako (estes son da prefectura de Ibaraki); Katori e Kōzaki (que son da prefectura de Chiba).
Historia
A cidade de Inashiki foi fundada pola fusión de 4 concellos do distrito de Inashiki (Edosaki, Shintone, Sakuragawa e Azuma) no ano 2005.