Kurihara
| 栗原市 (ja) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Xapón | ||||
| Prefecturas | Prefectura de Miyagi | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 63.689 (2021) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 804,97 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | Tsukidate (en) | ||||
| Creación | 1 de abril de 2005 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | kuriharacity.jp | ||||
Kurihara (栗原市, くりはらし, Kurihara-shi) é un concello da prefectura de Miyagi no Xapón. Está situado no centro da rexión de Tōhoku e ó norte da prefectura, ao noroeste da illa de Honshū. A súa superficie é de 804,93 km², a poboación é de 76.156 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 94,6 h/km².
O concello de Kurihara limita cos concellos de Ōsaki, Tome (que son da prefectura de Miyagi); de Higashinaruse, Yuzawa (que son da prefectura de Akita); e Ichinoseki (este último é da prefectura de Iwate).
Historia
A cidade de Kurihara foi fundada pola fusión de 10 concellos do distrito de Kurihara (Tsukidate, Wakayanagi, Kurikoma, Takashimizu, Ichihasama, Semine, Uguisuzawa, Kannari, Shiwahime e Hanayama) no ano 2005.