Lago Neagh
| (en) Lough Neagh | ||||
| Tipo | lago | |||
|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Illa de Irlanda | |||
| Localización | ||||
| País da cunca | Reino Unido | |||
| División administrativa | Irlanda do Norte, Reino Unido | |||
| ||||
| Afluentes | ||||
| Efluente do lago | Río Bann | |||
| Características | ||||
| Altitude | 16 m | |||
| Profundidade | 25 m | |||
| Dimensións | 15 ( | |||
| Superficie | 392 km² | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 4.550 km² | |||
| Medicións | ||||
| Volume físico | 3.600.000.000 m³ | |||
| Actividade | ||||
| Propietario | Earl of Shaftesbury (en) | |||
| Sitio web | loughneagh.com | |||
O lago Neagh (en irlandés: Loch nEathach, en scots: 'Loch Neagh', en inglés: Lough Neagh) é o meirande lago de auga doce da illa de Irlanda e tamén do conxunto das illas Británicas. O seu nome provén do irlandés loch nEachach, que significa "lago de Eachaidh", aínda que hoxe en día escríbese loch nEathach en irlandés moderno[1]. O lago é propiedade do conde de Shaftesbury.
Xeografía
Atópase a 30 km ao oeste de Belfast e mide un máximo 30 km de longo e 15 km de ancho. Con 392 km² é décimo quinto lago de auga doce por superficie da Unión Europea e o trixésimo primeiro de Europa. A pesar do seu tamaño é moi pouco profundo, xa que a súa profundidade media é de tan só 12 metros e a máxima de 25 metros[2].
Condados
Cinco dos seis condados de Irlanda do Norte teñen costa no lago (o único que non é o condado de Fermanagh), e a súa área repártese tamén entre eles. Os condados son os seguintes:

- Antrim (costa leste e norte)
- Down (unha pequena parte no sueste)
- Armagh (sur)
- Tyrone (oeste)
- Derry (noroeste)
Notas
- ↑ Deirdre Flanagan e Laurance Flanagan (1994). Gill & Macmillan Ltd, ed. Irish Placenames.
- ↑ "Lough Neagh". Consultado o 12 de marzo de 2016.
Véxase tamén
Bibliografía
- Wood, R.B.; Smith, R.V., eds. (1993). Lough Neagh: The Ecology of a Multipurpose Water Resource. Monographiae Biologicae 69. Springer. ISBN 9780792321125.