Condado de Derry
| Doire (ga) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Reino Unido | ||||
| País | Irlanda do Norte | ||||
| Capital | Derry | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 247.132 (2011) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 2.074 km² | ||||
| Bañado por | Lago Neagh, Océano Atlántico e Lough Foyle (pt) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1613 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
O Condado de Londonderry ou Condado de Derry (Doire, cuxo significado é "carballo" en irlandés) é un dos seis condados de Irlanda do Norte. Leva o nome da súa cidade máis importante. Derry, despois chamada Londonderry polos británicos. O condado ocupa unha superficie de 2.074 quilómetros cadrados e ten unha poboación de 213.000 habitantes.
O nome está suxeito á disputa política. Os nacionalistas irlandeses prefiren Derry, mentres que os unionistas prefiren Londonderry. Na República de Irlanda é empregado oficialmente o nome Derry, mentres que as autoridades británicas empregan Londonderry.