Le Monde
| Le Monde | |
|---|---|
Primeira edición do xornal Le Monde, do 19 de decembro de 1944. | |
| Tipo | Xornal |
| Fundación | 1944 |
| Propietario | Groupe Le Monde |
| Fundador | Hubert Beuve-Méry, Christian Funck-Brentano e René Courtin |
| Editorial | Societe Editrice Du Monde |
| Lingua | Francés |
| Localidade | París, Francia |
| Prezo | 2,40 € 4 € (venres e sábado) |
| Tiraxe | 371.803 exemplares (2004) |
| ISSN | 0395-2037 |
| Descrito por | Enciclopedia soviética armenia, volume 7 |
| Na rede | |
| https://www.lemonde.fr/ | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Le Monde (pronunciación en francés: /lə mɔ̃də/; en galego: O Mundo) é un xornal vespertino francés fundado por Hubert Beuve-Méry e publicado de maneira continua en París dende a súa primeira edición o 19 de xaneiro de 1944. É a principal publicación do Groupe Le Monde.
O xornal Le Monde non debe confundirse coa publicación Le Monde diplomatique, da cal o grupo Le Monde posúe un 51%, pero que é editorialmente independente.
Historia e características
Este xornal é considerado un periódico de referencia pola súa alta calidade de contidos. É o diario francés con maior presenza no estranxeiro, cunha media de 40 000 exemplares vendidos fóra de Francia cada día.[Cómpre referencia]
O seu director é Éric Fottorino e a súa redactora xefe, Sylvie Kauffmann.[1] Trátase da principal publicación do Grupo Le Monde.
Notas
- ↑ Sylvie Kauffmann nommée directrice de la rédaction du Monde Arquivado 16 de decembro de 2011 en Wayback Machine. Diario Libération, 19 de xaneiro de 2010. (en francés)