Leicester
| Lema | «Semper Eadem» | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| ||||
| Estado | Reino Unido | |||
| País | Inglaterra | |||
| Rexións | Midlands do Leste | |||
| Condado cerimonial | Leicestershire | |||
| Área | City of Leicester (en) | |||
| Enclave en | Leicestershire | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 464.395 (2016) | |||
| Lingua oficial | lingua inglesa | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 92 km² | |||
| Bañado por | River Soar (en) | |||
| Altitude | 67 m | |||
| Organización política | ||||
| • Xefe do goberno | Peter Soulsby (2011–) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | LE1-LE67 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 0116 | |||
| Código NUTS | UKF21 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | leicester.gov.uk | |||
Leicester é unha cidade de Inglaterra, capital do condado de Leicestershire, e unha das cidades máis importantes da provincia das Midlands do Leste. A súa poboación é de 305.700 habitantes (441.213 no total da súa área urbana), o que significa que é a 10ª cidade máis grande do Reino Unido.
Conserva salientables ruínas da época romana, cando o pobo se chamaba Ratae Corieltauvorum. Na idade Media foi unha das 5 cidades fortificadas polos dinamarqueses no Danelaw. Nos seguintes séculos foi un centro de comercio local. Coa revolución industrial chegou o ferrocarril e o crecemento. Actualmente é unha das cidades inglesas cunha maior presenza de minorías étnicas, por mor da inmigración de xente do sur de Asia.
Un dos seus reclamos turísticos máis importantes é o National Space Centre, no cal expóñense diversos vehículos espaciais.
Cultura
Música
O baixista de Queen, John Deacon, naceu en Leicester o 19 de agosto de 1951.
Deporte
O Leicester City F.C. xogou máis de 40 tempadas na Premier League inglesa de fútbol, sendo campión na tempada 2015/2016 a mans de Claudio Ranieri e sendo subcampión na antiga First Division en 1928/29. Tamén foi finalista da Copa FA en 1949, 1961, 1963 e 1969. Na tempada 2015-16 proclamouse campión da Premier League (o 2 de maio de 2016 despois de sacar 7 puntos ao Tottenham a falta de dúas xornadas), maior fito logrado pola institución en máis de cen anos e o primeiro título da máxima categoría en toda a súa historia.[1]
O Leicestershire County Cricket Club, un dos 18 clubs de primeira clase de crícket, ten a súa sede en Leicester.
Notas
- ↑ "Leicester City win Premier League title after Tottenham draw at Chelsea". BBC (en inglés). 2 de maio de 2016.