Lepus
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lebre (homónimos).
| Lepus | |
|---|---|
| Nome latino | Lepus |
| Abreviatura | Lep |
| Xenitivo | Leporis |
| Simboloxía | A Lebre |
| Ascensión recta | 6 h |
| Declinación | −20° |
| Área | 290 graos cadrados
Rango 51º |
| Número de estrelas
(magnitude < 3) |
2 |
| Estrela máis brillante | α Lep (Arneb)
(magnitude ap. 2.58) |
| Choiva de meteoros |
Ningunha |
| Constelacións
lindeiras |
|
| Visible en latitudes entre +63° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xaneiro | |
Lepus ou Lebre[1] é unha constelación, situada xusto ó sur de Orión, e posiblemente representa unha lebre que está sendo perseguida por Orión. Lepus foi unha das 48 constelacións de Tolomeo e tamén pertence ás 88 constelacións modernas.
Esta constelación non debe ser confundida con Lupus.
Mitoloxía
Aínda que a constelación de Lepus é antiga, ten pouca mitoloxía asociada, á parte do posible papel accidental no mito de Orión. Segundo Hixino, tratábase dunha lebre que fuxía do can de Orión. Eratóstenes engadía que Hermes puxéraa entre as constelacións debido á súa gran velocidade.
Estrelas
Estrelas con nome propio
Estrelas con designación de Bayer
- γ Lep – estrela dobre 3.59, 6,15; δ Lep 3,76; ε Lep 3,19; ζ Lep 3,55 – ten un posible cinto de asteroides; θ Lep 4,67; η Lep 3,71; ι Lep 4,45; κ Lep 4,36; λ Lep 4,29; μ Lep 3,29; ν Lep 5,29
Estrelas con designación de Flamsteed
- 1 Lep 5,74; 9 Lep 5,25; 10 Lep 5,53; 12 Lep 5,88; 17 Lep 4,92; 19 Lep 5,28
Outras estrelas notables
- Gliese 229 8,14 – estrela próxima cunha compañeira anana marrón
Obxectos Notable do espazo profundo
- M79 (NGC 1904), cúmulo globular de magnitude 8,4 cun diámetro de 9,6 minutos de arco. Está situado a 3º53' ó sur de Nihal (β Leporis).
- IC 418, nebulosa planetaria de magnitude 11, cunha estrela central que ten unha magnitude 11.
- NGC 1964, galaxia espiral barrada, é a galaxia máis brillante da constelación con magnitude 10,8.
Notas
- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.