Monterey
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Estados Unidos de América | ||||
| Estado federado | California | ||||
| Condado | Condado de Monterey (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 30.218 (2020) | ||||
| Número de fogares | 12.373 (2020) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 31,735726 km² | ||||
| Auga | 28,0346 % (1 de abril de 2010) | ||||
| Altitude | 8 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1770 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 93940 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 831 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | monterey.gov | ||||
Monterey é unha cidade do estado de California, nos Estados Unidos. Malia o seu nome, non é a cabeceira do condado de Monterey, senón a cidade de Salinas. Monterey ten 30.641 habitantes e unha densidade de poboación de 1.402 hab./km² Sitúase no extremo sur da baía de Monterey na costa do océano Pacífico, aproximadamente a 550 km ao norte dos Ánxeles e a 200 km ao sur de San Francisco.
A cidade recibe uns 4 millóns de turistas ao ano. Ten unha gran reserva natural mariña, dotada dunha gran variedade de especies. A economía baséase principalmente no turismo, e tamén na pesca. Posúe un autódromo de sona.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |