RTGC
| RTGC | |
|---|---|
| Tipo | radiodifusão pública |
| Data de fundación | 1949 |
| Sede | Podgorica |
| País | Montenegro |
| Na rede | |
| http://www.rtcg.me | |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
A Radio Televizija Crne Gore (RTCG) é a compañía pública de radio e televisión de Montenegro, ten a súa sede en Podgorica, membro asociado da Unión Europea de Radiodifusión desde xullo de 2001, converteuse en membro de pleno dereito logo da independencia de Montenegro en 2006.
Historia
A orixe da RTCG está en Radio Titograd que comezou a emitir en 1949, e que desde 1990 se chama Radio Crna Gora, en 1963 estableceuse o servizo de televisión.
Canles
RTCG ten tres canles de televisión, dous terrestres e un internacional vía satélite, tamén conta con dúas emisoras de radio.
Televisión
- TVCG 1, dedicada á información e produción propia
- TVCG 2, dedicada aos deportes e ao entretemento
- TVCG Satellite, a canle internacional.
Radio
- Radio Crne Gore 1
- Radio Crne Gore 2