Rauma
| Rauma (fi) Raumo (sv) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Finlandia | ||||
| Axencia Rexional | South-Western Finland Regional State Administrative Agency (en) | ||||
| Rexión | Satakunta | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 38.832 (2023) | ||||
| Lingua oficial | lingua finesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Subrexión de Rauma | ||||
| Superficie | 496,43 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Organización política | |||||
| Órgano lexislativo | Rauma City Council (en) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | rauma.fi | ||||
Rauma (en sueco Raumo) é unha cidade de Finlandia, situada na rexión de Satakunta, no suroeste do país. Ten unha poboación de 39.870 habitantes segundo o censo de 2012.[1]
O seu centro histórico, a Antiga Rauma é Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende 1991, e dende 1999 o sitio funerario da Idade de Bronce de Sammallahdenmäki tamén está na lista da UNESCO.
Historia
No século XIV, antes de ser declarada cidade, Rauma contaba cun mosteiro franciscano e unha igrexa católica. En 1550, os habitantes de Rauma recibiron a orde de trasladarse a Helsinqui, mais isto foi contrarrestado con éxigo e Rauma puido continuar o seu crecemento.
Practicamente a totalidade da cidade de madeira foi devastada nos lumes de 1640 e 1682. O estilo neorrenacentista de moitos edificios é resultado da prosperidade provocada pola navegación. En 1897 Rauma tiña a maior frota de Finlandia, cun total de 57 veleiros. As mercancías eran exportadas principalmente a Alemaña, Estocolmo e os países bálticos. Nos anos 1890, Rauma tivo un colexio universitario que posteriormente foi anexionado á Universidade de Turku. Unha parte do departamento de educación aínda existe en Rauma.
O nome Rauma vén da palabra xermánica strauma, que significa "córrego".[2]
Deporte
Como no resto do país, o hóckey sobre xeo goza dunha gran popularidade en Rauma. O Lukko foi fundado na cidade en 1936 e compite na primeira categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Liiga. O equipo proclamouse campión finlandés en dúas ocasións (1963 e 2021), así como subcampión tres veces (1961, 1966 e 1988), e gañou a medalla de bronce en seis ocasións máis (1 965, 1969, 1994, 1996, 2011 e 2014). Xoga os seus partidos como local no Kivikylän Areena.
Notas
- ↑ "Suomen asukasluvut kuukausittain – Kunnittain aakkosjärjestyksessä". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2013.
- ↑ [1]
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en varios idiomas)