Riom
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Auvernia-Ródano-Alpes | ||||
| Departamento | Puy-de-Dôme | ||||
| Capital de | arrondissement of Riom (en) canton of Riom-Est (en) canton of Riom-Ouest (en) canton of Riom (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 18.680 (2022) | ||||
| Lingua usada | lingua francesa lingua occitana | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Q108921370 Q3551123 | ||||
| Superficie | 31,97 km² | ||||
| Altitude | 337 m-314 m-505 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
| Santo padrón | Amabilis of Riom (en) | ||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Riom (en) | Jean Ehrard (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 63200 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Nördlingen (pt) Adur (en) Algemesí Dolisie West Sussex Viana do Castelo Żywiec (pt) Shoreham-by-Sea (en) | ||||
| Sitio web | ville-riom.fr | ||||
Riom é unha pequena cidade e comuna francesa situada na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes, departamento de Puy-de-Dôme.
É a subprefectura do seu distrito.
Ten a súa propia unidade urbana, que está integrada na área urbana de Clermont-Ferrand.
Foi durante séculos unha cidade rival de Clermont-Ferrand, a capital histórica e cultural da Auvernia.
Xeografía
O municipio ocupa unha superficie de 31,97 km2. Segundo o censo de 2018 tiña unha poboación de 19 011 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 595 habitantes por km2.
A poboación da súa aglomeración urbana en 2018 era de 33 633 habitantes.
Demografía
| Ano | 1793 | 1800 | 1851 | 1881 | 1896 | 1921 | 1931 | 1946 | 1962 | 1975 | 1982 | 1999 | 2007 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Poboación | 12 152 | 13 328 | 12 3861 | 10 304 | 11 131 | 10 435 | 11 042 | 12 975 | 14 418 | 17 071 | 18 346 | 18 548 | 18 040 |
Historia
Até 1531, data da anexión da Auvernia pola coroa de Francia, Riom foi a capital do Ducado de Auvernia, un dos principados feudais de Auvernia. A cidade é de orixe galorromana, Ricomagus, mercado rico". No intenso feudalismo de Auvernia a partir do ano 1000, a cidade creceu arredor da colexiata de Saint-Amable, o santo local, que era obxecto de peregrinacións.
No século XIV, a cidade beneficiouse do patrocinio de Jean, duque de Berry, quen reconstruíu o palacio dos duques de Auvernia e a Sainte-Chapelle.
Baixo o Antigo Réxime, Riom converteuse na capital da xeneralidade homónima que inclúe unha parte importante de Auvernia.
En 1942 celebrouse o "xuízo de Riom", no que o réxime de Vichy acusou a varios políticos da Fronte Popular de seren os responsábeis da derrota ao impedir o rearme de Francia pola aplicación de reformas sociais. Foron secuestrados non moi lonxe, no castelo de Chazeron, á espera do seu xuízo. Tamén houbo un xuízo in absentia ao xeneral de Gaulle por opoñerse ao réxime de Vichy baixo a ocupación; naturalmente non sería encarcerado na Liberación.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Édouard Everat (1923): Histoire abrégée de la ville de Riom. Reedición en 1989. Éditions André Bonne. ISBN 2-7019-0029-8.