Sari
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Irán | |||
| Provincias | Mazandarán | |||
| Condado | Sari County (en) | |||
| Distrito | Central District (en) | |||
| Capital de | Dabuyid dynasty (en) Qarinvand dynasty (en) Bavand dynasty (en) Q61061044 Marashiyan (en) Mazandarán (1796–) Sari County (en) | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 309.820 (2016) | |||
| Xeografía | ||||
| Bañado por | Tajan River (en) | |||
| Altitude | 43 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 011 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | sari.ir | |||
Sari (en mazandaraní e persa, ساری — transliterado Sâri) é a capital da provincia de Mazandarán, situada no norte de Irán, entre as ladeiras setentrionais dos montes Elburz e a costa meridional do mar Caspio. A súa poboación está calculada en 261.293 habitantes en 2006, sendo a maior cidade da provincia. Sarí é un dos principais lugares de lecer e deportes de Irán.
A cidade foi fundada durante o período dos sasánidas. O seu nome procede de Sarouyeh, fillo de Farján, o Grande, rei de Tabaristán. O 21 de marzo de 1782, Aga Muhammad Kan proclamou Sarí como a súa capital imperial
Localización
Sarí limita ao norte co mar de Mazandarán; ao nordeste con Neka, ao suroeste con Qa'emshahr (anteriormente coñecida como Shahi), ao noroeste con Juybar, e con Kiyasar, Shahmirzad e Semnán ao sur.
Economía

A economía de Sarí está baseada na produción alimenticia, con produtos como arroz, iogur, doogh (unha bebida de iogur), carne en conserva, aceite de sementes, e a exportación de froitas, especialmente laranxas e limóns.
Algunhas industrias de Sarí, como o algodón e a industria do papel e empresas de electrónica, son famosas en Oriente Medio.
Os prezos dos inmobles varían moito, o que permite a accesibilidade á vivenda, dependendo das zonas. Os prezos do metro cadrado nas vivendas poden chegar a ser 50 veces maior no centro que nos suburbios.
Os visitantes que acoden á cidade visitan a Torre do Reloxo, na Praza do Reloxo (Meydan-e-Sa'at) situada no centro de Sarí, que se converteu no seu máis famosa referencia. Sarí contén tamén as tumbas dos líderes musulmáns Yahya e Zayn Al-Abedin, Emamzade-ye Abbas e Shazdeh Hussein do século XV.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
- Aga Muhammad Kan
Ligazóns externas
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |