Sleep Train Arena
| Sleep Train Arena | |
|---|---|
| Datos | |
| Coordenadas | 38°38′57″N 121°31′05″O / 38.649166666667, -121.51805555556 |
| Localización | |
| Nomes antigos | ARCO Arena (1988–2011) Power Balance Pavilion (2011–2012) |
| Construción | |
| Construción | 5 de setembro de 1986 |
| Inauguración | 8 de novembro de 1988 |
| Arquitecto | Rann Haight |
| Enxeñeiro | Integrated Design Group |
| Custo | $40 millóns |
| Estadio | |
| Capacidade | 17.317 |
| Propietario | Sacramento Kings |
| Operadora | Sacramento Kings |
| Localía | Sacramento Kings (NBA) |
| Web | http://www.sleeptrainarena.com |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
O Sleep Train Arena, antes coñecido como ARCO Arena (1988–2011) e Power Balance Pavilion (2011–2012), é un pavillón polideportivo cuberto situado na cidade de Sacramento (California), nos Estados Unidos. É a sede do equipo de baloncesto Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA), que ademais é o dono e operador do recindo. Os Sacramento Kings permanecerán no pavillón até 2016, cando se trasladarán ao céntrico Golden 1 Center. O último partido dos Kings neste recinto, a non ser que o equipo se clasifique so Playoffs, será o 9 de abril de 2016 ante os Oklahoma City Thunder.