Spider-Man 2
| Spider-Man 2 | |
|---|---|
Logo do filme | |
| Ficha técnica | |
| Título orixinal | Spider-Man 2 |
| Director | Sam Raimi |
| Produtor | Avi Arad Laura Ziskin Grant Curtis Stan Lee Joseph M. Caracciolo |
| Guión | Alvin Sargent |
| Baseado en | Spider-Man de Stan Lee e Steve Ditko |
| Intérpretes | Tobey Maguire Kirsten Dunst James Franco Alfred Molina Rosemary Harris J. K. Simmons Daniel Gillies Dylan Baker |
| Música | Danny Elfman |
| Fotografía | Bill Pope |
| Montaxe | Bob Murawski |
| Estudio | Columbia Pictures Marvel Entertainment Laura Ziskin Productions |
| Distribuidora | Columbia Pictures |
| Estrea | 2004 |
| Duración | 128 minutos |
| Orixe | |
| Xénero | Acción, Fantástico |
| Orzamento | $200 000 000[1] |
| Recadación | $783 766 341 |
| Filme anterior | Spider-Man |
| Filme seguinte | Spider-Man 3 |
| Na rede | |
| http://spiderman.sonypictures.com/index.php | |
Spider-Man 2 é un filme estadounidense de superheroes dirixido por Sam Raimi que se estreou no 2004. Segunda parte da serie de filmes baseados nos personaxes da banda deseñada Spider-Man.
Sinopse
Pasaron dous anos dende que Peter Parker se deixou con Mary Jane Watson, o seu grande amor, e decidiu asumir as súas responsabilidades como Spider-Man. Peter debe afrontar novos desafíos mentres loita contra o don e a maldición dos seus poderes equilibrando as súas dúas identidades: o escorregadizo superheroe Spider-Man e o estudante universitario. As relacións coas persoas que máis aprecia están agora en perigo de ser descubertas coa aparición do poderoso malvado de múltiples tentáculos Doctor Octopus, "Doc Ock". A súa atracción por M.J. faise máis forte mentres loita contra o impulso de abandonar a súa vida secreta e declararlle o seu amor. Mentres tanto, M.J. seguiu coa súa vida. Embarcouse de cheo na súa carreira de actriz e ten un novo home na súa vida. A relación de Peter co seu mellor amigo Harry Osborn afástase polos crecentes desexos de vinganza de Harry contra Spider-Man, ó que considera responsábel da morte do seu pai.
Personaxes
- Tobey Maguire como Peter Parker / Spider-Man
- Kirsten Dunst como Mary Jane Watson
- James Franco como Harry Osborn
- Alfred Molina como Dr. Otto Octavius / Doc Ock
- Rosemary Harris como Tía May/May Parker
- J.K. Simmons como J. Jonah Jameson
- Donna Murphy como Rosalie Octavius
- Daniel Gillies como John Jameson
- Dylan Baker como Lizard/Dr. Curt Connors
- Willem Dafoe como Norman Osborn / Green Goblin
Galardóns e nomeamentos
- 2004: Oscar: Mellores efectos visuais. 3 nomeamentos.
- 2004: 2 nomeamentos ó BAFTA: Mellores efectos visuais e son.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)