Tholen
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
| País | Países Baixos | ||||
| Provincias | Zelandia | ||||
| Capital de | |||||
| Capital | Tholen (en) | ||||
| Contén a división administrativa | Oud-Vossemeer (en) Oudeland (en) Poortvliet (pt) Scherpenisse (pt) Sint Annaland (pt) Sint Philipsland (pt) Sint-Maartensdijk (pt) Stavenisse (pt) Tholen (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 26.085 (2021) | ||||
| Número de fogares | 10.212 (2015) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 254,51 km² | ||||
| Altitude | −1 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | Stavenisse (pt) | ||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Tholen (en) | Ger van de Velde-de Wilde (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 4675 e 4690–4699 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 0167 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | tholen.nl | ||||
Tholen é un concello e unha cidade ao suroeste dos Países Baixos, na provincia de Zelandia. A municipalidade recibe o nome da cidade de Tholen que é a máis populosa do concello.
A municipalidade consiste en dúas penínsulas, antigamente illas, a máis grande ao sur, Tholen, e a máis pequena ao norte chamada Sint Philipsland. As dúas están separadas por un antigo estreito, agora Baía de Krabbenkreek.
O municipio está bordeado ao leste polo Eendracht, antigamente unha rama do río Escalda, mais agora parte da Canle Escalda-Rin, atravesada por tres pontes; polo estuario de Oosterschelde polo sur, o estreito de Keeten-Mastgat ao oeste e o estreito de Krammer cara ao norte.
Núcleos de poboación
Na illa de Sint Philipsland hai tres vilas:
- Sint Philipsland (2.300 habitantes)
- Anna Jacobapolder (430 habitantes)
- De Sluis (asentamento rural)
Na illa de Tholen hai sete núcleos de poboación:
- Oud-Vossemeer (2.709 habitantes)
- Poortvliet (1.722 habitantes)
- Scherpenisse (1.785 habitantes)
- Sint Annaland (3.348 habitantes)
- Sint Maartensdijk (3.533 habitantes)
- Stavenisse (1.716 habitantes)
- Tholen (7.653 habitantes)
Galería
-
Casa do Concello de Tholen
-
Rúa de Tholen
-
Vista do Porto