Ube
| 宇部市 (ja) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Xapón | ||||
| Prefecturas | Prefectura de Yamaguchi | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 162.873 (2021) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 286,65 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | Fujiyama (en) | ||||
| Creación | 1 de novembro de 1921 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Keiji Shinozaki (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | city.ube.yamaguchi.jp | ||||
Ube (宇部市, うべし, Ube-shi) é un concello da prefectura de Yamaguchi no Xapón. Está situado na parte suroeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Nagato e da rexión de Chūgoku, no extremo oeste da illa de Honshū. Ten 287,71 km² de superficie, unha poboación de 174.969 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 608 h/km². É a terceira cidade máis poboada na prefectura de Yamaguchi.
O concello de Ube limita cos concellos de San'yōonoda, Mine e Yamaguchi.
O Aeroporto de Yamaguchi-Ube está en Ube.
Cidades irmandadas
Newcastle, Nova Gales do Sur, Australia (1980).
Personaxes de sona
- Naoto Kan (菅 直人, かん なおと, 1946 - ) - Político, 94º primeiro ministro do Xapón
- Tadashi Yanai (柳井 正, やない ただし, 1949 - ) - Empresario, fundador e presidente de UNIQLO
- Hideaki Anno (庵野秀明, あんの ひであき, 1960 - ) - Director de Anime