Waskemar
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
| País | Países Baixos | ||||
| Provincias | Frisia | ||||
| Former grietenij (en) | Ooststellingwerf (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Código BAG | 1765 | ||||
| Sitio web | waskemeer.nl | ||||
Waskemar é unha entidade de poboación no norte do concello de Ooststellingwerf na provincia neerlandesa de Frisia que contaba o ano 2019 con 840 habitantes[1].
Características
No límite co concello de Opsterlân, sitúase na parte norte do concello, unha zona de fala frisoa[2] mentres o resto do termo municipal é de fala tradicional baixosaxoa.
O territorio estaba baixo a xurisdición de De Haule e era unha zona rica en turba, propiedade dunhas poucas familias, unha delas a dos Lycklama á Nijeholt que obstentaron hereditariamente alcaldía de Ooststellingwerf entre 1647 e 1862. O lugar apareceu por primeira volta co nome neerlandés De Cruijmten (en frisón De Kromten) nun mapa de 1748. Posteriormente coñeceuse como Haulerwyk-Beneden. En 1954 recibiu o status de dorp [3] e o nome oficial neerlandés de Waskemeer, un topónimo que deriva dunha lagoa localizada a uns dous quilómetros ao oeste, Waskmar e xa no concello de Opsterlân, na que os gandeiros da zona ían lavar as ovellas.
Notas
- ↑ Kerncijfers wijken en buurten 2019 Centraal Bureau voor de Statistiek
- ↑ Henk Bloemhoff e Jurjen van der Kooi (2008)Handboek Nedersaksische taal- en letterkunde. Van Gorcum, p. 176
- ↑ Dorp é nos Países Baixos o equivalente a unha parroquia rural en Galicia