Yvetot
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Normandía | ||||
| Departamento | Seine-Maritime | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 11.548 (2022) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Q108921213 Q114360811 | ||||
| Superficie | 7,47 km² | ||||
| Altitude | 146 m-83 m-157 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 76190 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | yvetot.fr | ||||
Yvetot é unha cidade e comuna francesa, na antiga rexión da Alta Normandía (desde a reforma territorial de 2016, a Alta Normandía fusionouse coa Baixa Normandía para formaren a rexión de Normandía),[1][2][3] departamento de Sena Marítimo, no distrito de Ruan.
Xeografía
É a capital (chef-lieu) do cantón do seu nome, e até 1926 foi unha subprefectura.
A súa poboación (censo de 2008) era de 11 596 habitantes. (Fonte: INSEE)
O seu xentilicio é Yvetotais (en francés)
Historia
A prosperidade da vila está ligada a un gran comercio desenvolvido no século XVII, grazas ao seu estatuto de paraíso fiscal, e á súa industria de fiado de algodón, en plena expansión desde 1794. No século XIX, a vila desenvolve a produción de tecidos.
Foi capital de distrito desede 1790 a 1795.
Practicamente arrasada en 1940 polos alemáns, na segunda guerra mundial, a cidade foi reconstruída nun estilo clásico.
Recuperou o seu esplendor a mediados do século XX, aínda que perdeu o seu estatuto de subprefectura en 1926.
Galería
-
A nova rexión Normandía
-
Mapa da comuna de Yvetot
-
Escudo de Yvetot
-
Evolución da poboación
-
Concurso de gando vacún en Yvetot
(ano 2013)