Alban Berg
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (de) Albano Maria Johannes Berg 9 de febreiro de 1885 Viena, Austria |
| Morte | 24 de decembro de 1935 Viena, Austria |
| Causa da morte | sepse |
| Lugar de sepultura | Hietzinger Friedhof (pt) |
| Educación | Universidade de Música e Arte Dramática de Viena |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Música |
| Lugar de traballo | Viena |
| Ocupación | compositor, músico, pianista, libretista |
| Período de actividade | 1907 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Ópera e dodecafonismo |
| Profesores | Arnold Schönberg |
| Alumnos | Fritz Heinrich Klein (en) |
| Carreira militar | |
| Conflito | Primeira guerra mundial |
| Instrumento | Piano |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Helene Berg |
| Irmáns | Smaragda Eger-Berg |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Берг Альбан) UbuWeb Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |

Alban Maria Johannes Berg, nado en Viena o 9 de febreiro de 1885 e finado o 24 de decembro de 1935, foi un compositor austríaco.
Formou parte da chamada Segunda Escola de Viena xunto co seu mestre, Arnold Schönberg, e Anton Webern, tamén alumno de Schönberg. Compuxo nos distintos estilos de principios do século XX, pasando polo atonalismo primeiro, e logo polo dodecafonismo, con obras vencelladas á estética expresionista. Foi denominado o Romántico do dodecafonismo porque as súas composicións combinan o romanticismo Mahleriano cunha adaptación persoal do dodecafonismo de Schönberg, a súa música ten unha sonoridade que sempre evoca á tonalidade, o espírito romántico e unha inclinación marcadamente dramática e expresiva. As súas obras máis coñecidas son o seu Concerto para violín e as óperas Lulu e Wozzeck (composta a partir da obra teatral Woyzeck de Georg Büchner e estreada en 1924 en Viena con grande éxito).
Berg formaba parte da elite cultural vienesa a principios do século XX, encontrándose entre o seu círculo de amigos os músicos Alexander von Zemlinsky e Franz Schreker, o pintor Gustav Klimt, o escritor e sátiro Karl Kraus, o arquitecto Adolf Loos, e o poeta Peter Altenberg.
Faleceu probablemente a causa da picada dun insecto e o consecuente envelenamento sanguíneo, aos 50 anos.
Obra
Véxase tamén
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |