Barbara
| Nome orixinal | (fr) Monique Serf |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | (fr) Monique Andrée Serf 9 de xuño de 1930 17º distrito de París, Francia |
| Morte | 24 de novembro de 1997 Neuilly-sur-Seine, Francia |
| Causa da morte | doenza cardiovascular |
| Lugar de sepultura | cemiterio de Bagneux, 4 |
| Grupo étnico | Pobo xudeu |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Composición musical |
| Ocupación | actriz de cinema, artista discográfica, compositora, poetisa, cantautora, cantante, actriz de televisión |
| Período de actividade | 1958 |
| Xénero artístico | Chanson |
| Pseudónimo literario | Barbara |
| Instrumento | Piano e voz |
| Selo discográfico | Universal Music Group Odeon La Voix de son Maître Decca Records Philips |
| Compañeiro profesional | Roland Romanelli (pt) |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Premios | |
Monique Andrée Serf, nada en París o 9 de xuño de 1930 e finada en Neuilly-sur-Seine o 25 de novembro de 1997, foi unha cantante francesa, máis coñecida como Barbara.
Traxectoria
Mentres Francia estaba ocupada polos nazis e baixo o goberno de Vichy, ela tivo que se refuxiar na pequena vila de Saint-Marcellin en Isère xa que a súa familia era de orixe xudía. Despois da guerra e xa volta á normalidade un veciño que era profesor de música animouna a cantar e deulle leccións para matizar a súa voz ao tempo que se inscribía na Escola Superior de Música e cantaba na Fontaine des Quatre Saisons, un cabaret moi popular en París.
De 1950 a 1952 residiu en Bruxelas e entrou en contacto co mundo artístico local, unha casa alugada para tal fin canta co acompañamento do piano cancións de Édith Piaf, Juliette Gréco e Germaine Montéro.
De regreso a París coñece a Jacques Brel e interpreta moitas das súas cancións, acode a pequenos cabarets onde se fai cun público pequeno pero fiel, sobre todo composto de estudantes do barrio latino. En 1957 volve a Bruxelas para gravar o seu primeiro disco. En 1961 faise popular ó pasar a actuar no Montparnasse, aínda así continúa actuando en pequenos clubs ata que pasa ó Théâtre des Capucines, onde captura a atención da audiencia e dos críticos cun repertorio novo, o éxito fixo que asinara un contrato coa Philips.
A súa poesía lírica, o seu aspecto dramático e a profunda emoción da súa voz asegúralle un público que a vai seguir durante trinta anos, «Ma plus belle histoire d'amour c'est vous», «L'aigle noir», «Nantes», «La solitude» e «Une petite cantate» son as cancións máis representativas desta época. En 1965, o seu álbum Barbara chante Barbara convértese nun grande éxito comercial e gaña o premio da Académie Charles Cros.
En 1969 rodou Madame de Albert Willemetz, onde Barbara interpreta a un travesti. En 1971 coprotagoniza con Jacques Brel o filme Franz, dous anos despois apareceu en L'Oiseau rare realizada por Jean-Claude Brialy. A súa derradeira actuación foi en 1977 en Je suis né à Venise de Maurice Béjart.