Bissau
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Guinea-Bissau | ||||
| Autonomous sector of Guinea-Bissau (en) | Bissau (pt) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 492.004 (2015) | ||||
| Lingua usada | Língua mankania (pt) Papel (en) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 77,5 km² | ||||
| Bañado por | Rio Geba (pt) | ||||
| Altitude | 0 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1687 | ||||
| Organización política | |||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | GW-BS | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
Bissau é a maior cidade e e capital de Guinea-Bissau. É tamén a capital do sector autónomo de Bissau. Posúe unha poboación estimada en 197.610 habitantes (datos de 1991) e unha área de 77 km².
Localización e características
A cidade localízase no estuario do Río Geba, na costa atlántica africana. É a maior cidade do país, co maior porto, así como centro administrativo e militar da rexión. Cacahuete, madeira, coco, aceite de palmeira e caucho son os produtos principais en Bissau. Fundada en 1678 polos portugueses, tornou un porto fortificado e centro de comercio. En 1942 converteuse en capital da Guinea Portuguesa, pero foi substituída por Madina do Boé entre 1973-1974.
Lugares e eventos de interese
A cidade é coñecida polo seu entroido anual. Outras atraccións inclúen a Fortaleza d'Amura, que contén o mausoleo de Amílcar Cabral, líder nacionalista que axudou a fundar o Partido Africano pola Independencia de Guinea e Cabo Verde (PAIGC), o Memorial Pidjiguiti polos pescadores mortos na folga das Docas o 3 de agosto de 1959 e varias praias de grande beleza. Varios dos seus edificios foron arruinados durante a guerra civil, incluíndo o Palacio Presidencial e o Centro de Cultura Francesa.
O aeroporto que serve Bissau é o Aeroporto Internacional Osvaldo Vieira.