Distrito Gomba
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Uganda | ||||
| Rexión | Região Central (pt) | ||||
| Capital | Kanoni (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 173.800 (2020) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 600,2 km² | ||||
| ISO 3166-2 | UG-121 | ||||
| Sitio web | gomba.go.ug | ||||
O distrito de Gomba é un distrito da Rexión Central de Uganda. Entrou en función o 1 de xullo de 2010, cando se partiu o antigo Distrito Mpigi en tres: Distrito Gomba, Distrito Butambala e Distrito Mpigi. A súa poboación estimada no 2010 era duns cen mil habitantes,[1] o que supón un decrecemento con respecto ao 2002, cando se nomeaba como condado e tiña 133.264 habitantes.
Limita co Distrito Mubende polo norte, co Distrito Mityana polo nordeste, co Distrito Butambala polo leste, e cos Distritos Kalungu, Bukomansimbi e Sembabule polo sur. A sede capital do distrito atópase en Kanoni. É un distrito principalmente rural, con gandaría e agricultura de subsistencia.