Distrito Masaka
| Epónimo | Masaka (pt) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Uganda | ||||
| Rexión | Região Central (pt) | ||||
| Capital | Masaka (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 251.600 (2012) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1,295 km² | ||||
| Altitude | 1.115 m | ||||
| ISO 3166-2 | UG-105 | ||||
| Sitio web | masaka.go.ug | ||||
Masaka District é un distrito da Rexión Central de Uganda. A súa principal poboación é Masaka, cunha poboación estimada no 2011 de 74.100 habitantes.[1]
Limita co Distrito Bukomansimbi polo noroeste, co Distrito Kalungu polo norte, co Distrito Kalangala polo leste e sur, co Distrito Rakai polo sueste e co Distrito Lwengo polo oeste.
O distrito Masaka foi establecido no 1900 comprendendo o que eran condados do Reino Buganda: Buddu, Kooki, Kabula e Mawogola. Inicialmente, Kooki e Kabula pasaron a formar o Distrito Rakai. Logo, a parte norte do Distrito Rakai modificouse para formar o Distrito Lyantonde. En 1997, o Condado Mawogola separouse de Buddu e foi nomeado Distrito Sembabule. Buddu foi rebautizado como Distrito Masaka.
No 2010, Buddu foi debullado en catro distritos, especialmente:
- Distrito Bukomansimbi
- Distrito Kalungu
- Distrito Lwengo
- Distrito Masaka
Demografía
O censo do 2002 facía unha estimación da poboación do Distrito Masaka de 228.200 habitantes, cun crecemento anual darredor un 3.0%. Con estes datos, para o ano 2010, a poboación do distrito era de aproximadamente 289.000 habitantes:
Poboación do Distrito Masaka
| Ano | Poboación estimada |
|---|---|
| 2002 | 228.200 |
| 2003 | 235.050 |
| 2004 | 242.100 |
| 2005 | 249.350 |
| 2006 | 256.800 |
| 2007 | 264.500 |
| 2008 | 272.400 |
| 2009 | 280.600 |
| 2010 | 289.000 |
Cultura
O distrito posúe un rico patrimonio cultural, así como diversidade étnica. A maioría da xente é do grupo baganda, seguido polos grupos banyankole, banyarwanda e banyoro. A maioría das xentes inclúense dentro da cultura de Buganda e a lingua máis falada é o luganda.
Economía
A economía baséase grandemente no rural, con industrias a pequena escala do café, de refrescos, do metal e do algodón.
Notas
- ↑ "Population of Masaka In 2011" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xaneiro de 2013. Consultado o 24 de decembro de 2011.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Información sobre o Distrito Masaka Arquivado 27 de outubro de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)