Distrito Mpigi
| Mpigi (en) | |||||
| Epónimo | Mpigi (pt) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Uganda | ||||
| Rexión | Região Central (pt) | ||||
| Capital | Mpigi (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 215.500 (2012) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 3.714,94 km² | ||||
| ISO 3166-2 | UG-106 | ||||
| Sitio web | mpigi.go.ug | ||||
Mpigi District é un distrito da Rexión Central de Uganda. O seu nome provén da localidade capital, Mpigi.
Limita co Distrito Wakiso polo norte e polo leste, co Distrito Kalangala polo sur, co Distrito Kalungu polo suroeste, co Distrito Butambala polo oeste e co Distrito Mityana polo noroeste.
Nos 1970 o distrito Mpigi abarcaba os condados do Reino de Buganda de Kyaddondo, Busiro, Mawokota, Butambala e Gomba. Durante os 1990s, Kyaddondo e Busiro pasaron a formar o Distrito Wakiso. En 2010, Gomba separouse para formar Distrito Gomba e Butambala converteuse no Distrito Butambala.[1] Ao final ficou Mawokota como único constituínte do Distrito Mpigi.[2]
A poboación de Mpigi, no 2002, estimouse en 187.800 habitantes. O distrito é primordialmente rural, coa agricultura como base económica.[3]
Notas
- ↑ The Making of A Needy District
- ↑ "Government Names Fourteen New Districts". Arquivado dende o orixinal o 16/04/2014. Consultado o 08/01/2012.
- ↑ "About Mpigi District Economy". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2011. Consultado o 08 de xaneiro de 2012.