Douai
| Localización | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| Estado | Francia | ||||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||||
| Rexións | Altos de Francia | ||||||
| Departamento | Norte, Francia | ||||||
| Distritos | arrondissement of Douai (en) | ||||||
| Capital de | canton of Douai-Nord-Est (en) canton of Douai-Sud-Ouest (en) canton of Douai-Nord (en) arrondissement of Douai (en) canton of Douai-Sud (en) Norte, Francia (1790–1803) canton of Douai (en) | ||||||
| Poboación | |||||||
| Poboación | 39.833 (2022) | ||||||
| Xeografía | |||||||
| Situado na entidade territorial estatística | Q108921416 Q3551004 | ||||||
| Superficie | 16,88 km² | ||||||
| Altitude | 38 m-16 m | ||||||
| Comparte fronteira con | |||||||
| Datos históricos | |||||||
Evento clave
| |||||||
| Organización política | |||||||
| • Alcalde | Frédéric Chéreau (2014–) | ||||||
| Identificador descritivo | |||||||
| Código postal | 59500 | ||||||
| Fuso horario | |||||||
| Outro | |||||||
| Irmandado con | |||||||
| Sitio web | douai.fr | ||||||
Douai (Dowaai en neerlandés), é unha cidade e comuna francesa situada no departamento de Norte, na rexión Norte-Paso de Calais, que é a capital da comarca do douaisis.
Douai, que tivo a súa orixe no asentamento romano de Castellum Duacum ou Duacum, desenvolveuse como cidade sede dunha importante universidade católica e un rico centro téxtil de Flandres durante o dominio dos Habsburgo españois desde o século XVI até o século XVII.
Tras incorporarse á coroa de Francia no século XIX creceu impulsada pola revolución industrial e, tras a segunda guerra mundial, como centro da industria mineira do norte de Francia. A crise económica do sector e a reconversión industrial dos anos 1980 causou unha perda da poboación, que se recuperou a finais dos anos 1990 tras a orientación económica da cidade cara ao sector da automoción.
O Beffroi de Douai, un edificio ricamente ornamentado do século XVI, forma parte do conxunto de beffrois, un tipo de torres cívicas, campanarios municipais de Bélxica e Francia clasificados Patrimonio UNESCO da Humanidade.
Así mesmo, o desfile procesional dos xigantes Gayant, manifestación do folclore de Flandres, está catalogado como unha das obras mestras do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.