Ernani
| Ernani | |
|---|---|
Portada dunha edición alemá de 1890. | |
| Forma | Ópera |
| Actos e escenas | 4 actos |
| Idioma orixinal do libreto | Italiano |
| Libretista | Francesco Maria Piave |
| Fontes literarias | Adaptación da peza teatral de Victor Hugo Hernani |
| Estrea | 9 de marzo de 1844 |
| Teatro da estrea | Teatro La Fenice |
| Lugar da estrea | Venecia |
| Duración | 2 horas 15 minutos |
| Música | |
| Compositor | Giuseppe Verdi |
| Personaxes | |
Ernani (tenor) | |
Ernani é unha ópera en catro actos con música de Giuseppe Verdi sobre un libreto en italiano de Francesco Maria Piave, baseada na peza teatral Hernani de Victor Hugo, obra que introducira o Romanticismo en París derrotando as convencións do teatro clásico francés. Foi estreada o 9 de marzo de 1844 no Teatro La Fenice de Venecia. Esta ópera tivo éxito dende o principio, especialmente pola súa riqueza de melodías.
Para o final da ópera, Verdi compuxo un trío que cría que melloraba o orixinal de Hugo, en canto que a acción podía desevnvolverse máis rapidamente ata acadar a súa culminación. Aquí, Ernani, Silva e Elvira se enfrontan. Silva reclama a vida de Ernani, mentres Elvira lle pide compaixón e Ernani renega do seu destino.
Esta ópera é pouco representada; nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece no posto 154 das óperas representadas no período 2005-2010, sendo a 48ª en Italia e a 16ª de Verdi, con 20 representacións nese período.
Personaxes
| Personaxe | Tesitura | Intérpretes na estrea, 9 de marzo de 1844 (Director: -) |
|---|---|---|
| Ernani (nobre proscrito) | tenor | Carlo Guasco |
| Elvira (prometida de Ernani) | soprano | Sophie Loewe |
| Don Carlos (Emperador Carlos V) | barítono | Antonio Superchi |
| Ruy Gomez de Silva (namorado de Elvira) | baixo | Antonio Selva |
| Giovanna (doncella de Elvira) | soprano | Laura Saini |
| Don Riccardo (escudeiro de Don Carlos) | tenor | Giovanni Lanner |
| Jago (escudeiro de Silva) | baixo | Andrea Bellini |
| Cidadáns, bandidos, serventes, nobres, damas etc. | ||
Véxase tamén
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |