Luisa Miller
| Luisa Miller | |
|---|---|
Portada da partitura para canto e piano. | |
| Forma | Ópera seria |
| Actos e escenas | 3 actos |
| Idioma orixinal do libreto | Italiano |
| Libretista | Salvadore Cammarano |
| Fontes literarias | Friedrich Schiller, Kabale und Liebe (1783) |
| Estrea | 8 de decembro de 1849 |
| Teatro da estrea | Teatro San Carlo |
| Lugar da estrea | Nápoles |
| Duración | 2 horas 15 minutos |
| Música | |
| Compositor | Giuseppe Verdi |
| Personaxes | |
Luisa Miller é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Salvatore Cammarano (poeta e director de escena residente do Teatre San Carlo e que foi responsable da posta en escena da ópera na súa estrea), baseado na peza teatral Kabale und Liebe (Intriga e amor) de Friedrich von Schiller. Foi estreada o 8 de decembro de 1849 no Teatro San Carlo de Nápoles. Esta foi a 15ª ópera de Verdi, situada ao final do seu primeiro período compositivo. A aria máis gravada desta ópera é Quando le sere al placido de Rodolfo.
O crítico contemporáneo, Abramo Basevi consideraba a Luisa Miller como a ópera coa cal Verdi comezou a súa segunda etapa creativa.[1] A pesar de que esta opinión foi ámplamente aceptada durante moito tempo, actualmente a crítica adxudícalle a Macbeth este honor.
Personaxes
| Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 8 de decembro de 1849[2] (Director: - ) |
|---|---|---|
| Miller, un soldado retirado | barítono | Achille De Bassini |
| Luisa, súa filla | soprano | Marietta Gazzaniga |
| Conde Walter | baixo | Antonio Selva |
| Rodolfo, seu fillo | tenor | Settimio Malvezzi |
| Federica, duquesa de Ostheim, sobriña de Walter | mezzosoprano | Teresa Salandri |
| Wurm, mordomo de Walter | baixo | Marco Arati |
| Laura, unha papaza da aldea | mezzosoprano | Maria Salvetti |
| Un campesiño | tenor | Francesco Rossi |
| Damiselas de Federica, paxes, parientes, arqueiros, habitantes da vila | ||
Notas
Véxase tamén
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |