Frisinga
| Freising (de) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Baviera | ||||
| Regierungsbezirk | Alta Baviera | ||||
| Rural district of Bavaria (en) | Freising (pt) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 49.939 (2023) | ||||
| Número de fogares | 21.917 (2011) | ||||
| Relixión | catolicismo, protestantismo, luteranismo e igrexas greco-ortodoxas | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 88,59 km² | ||||
| Bañado por | Río Isar e Moosach (en) | ||||
| Altitude | 448 m | ||||
| Comparte fronteira con | Kirchdorf an der Amper (pt) Marzling Neufahrn (pt) Kranzberg Zolling Hallbergmoos Freising (pt) Freising (pt) | ||||
| Organización política | |||||
| • Lord Mayor of Freising (en) | Tobias Eschenbacher (2012–) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 85354 e 85356 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 08161 | ||||
| Clave de rexión en Alemaña | 091780124124 | ||||
| Número de municipio alemán | 09178124 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | freising.de | ||||
Frisinga, en alemán Freising, do latín Frisinga,[1] é unha cidade da Alta Baviera situada a uns 30 km ao norte da capital do estado libre de Baviera, Múnic, en Alemaña, á beiras do río Isar, a tan só 10 km do aeroporto de Múnic.
Ten unha superficie de 88,61 km², unha altitude media de 448 msnm e unha poboación total de 49 126 habitantes en 2020.
Frisnga é a cidade máis antiga situada entre Ratisbona e Bolzano, e está dominada por dous outeiros, o outeiro da catedral, co castelo do bispo e a catedral de Frisinga, e o outeiro Weihenstephan, coa abadía de Weihenstephan e a súa famosa fábrica de cervexa.
Frisinga é unha das cidades con menor índice de paro de Alemaña, debido ao gran número de persoas da cidade que traballan no aeroporto de Múnic.
Frisinga é tamén a sede da cervexaría máis antiga do mundo,[2] fundada no ano 1040 polos monxes beneditinos co nome de Bayerische Staatsbrauerei Weihenstephan. Ademais, foi nesta mesma cidade onde o duque Guillerme IV de Baviera ditou en 1516 a Lei de pureza da cervexa, na que se prohibía aos cervexeiros empregar outros ingredientes que non fosen cebada, lúpulo e auga na produción de cervexa.
Outro personaxe importante da cidade foi o seu bispo Odón de Frisinga, que pontificou de 1138 a 1158, e que durante a época da Querela das Investiduras entrou en conflito coa familia Wittelsbach, pero debido á súa relación co emperador do Sacro Imperio, mediou con éxito nas disputas entre os Hohenstaufen e os güelfos.
Por outra parte, Frisinga foi tamén o primeiro lugar no que se rexistrou un tornado en Europa.in 788.[3][4]
Historia
Descubrimentos arqueolóxicos demostraron que a zona se poboou na Idade de Bronce, aínda que non se atoparon probas que suxiren un asentamento continuo até o século VIII d.C., Frigisinga. Corbiniano de Frisinga, San Corbiniano (ca. 670 - ca. 730) un bispo franco, foi un evanxelizador dos bávaros. Corbiniano foi enviado ao territorio gobernado polo duque franco de Baviera Grimaldo I.[5] Corbiniano probabelmente chegou á daquela capital do Ducado de Baviera, Frisinga, instalándose nun santuario que xa existía alí en 724,[6] onde erixiu unha escola e un mosteiro beneditino, que chegou a ser dirixido polo seu irmán Eremberto, despois da súa morte. Foi o precursor da diocese de Frisinga. O 20 de novembro, conmemorando o traslado da súas reliquias de Merano (Italia) a Frisinga celébrase alí unha gran procesión protagonizada sobre todo por mozos.[7] En 738, cando Bonifacio de Maguncia (San Bonifacio) regulou a estrutura eclesiástica do Ducado de Baviera, mediante a creación de catro dioceses sufragáneas do arcebispado de Maguncia (entre elas o bispado de Frisinga), Eremberto foi elixido primeiro bispo de Frisinga.
Segundo a súa Vita, redatada polo bispo Arbeo de Frisinga, ordenou a un oso que levase a súa equipaxe a través dos Alpes despois de que matara ao seu cabalo. O oso enselado segue sendo o símbolo da cidade, amosado no se escudo de armas. Aínda que a sede da diocese foi trasladada a Múnic en 1821, incluída a elevación a arquidiocese, Freising permaneceu até hoxe como sede da administración da diocese.
Entre 764 e 783, o bispo Arbeo fundou unha biblioteca e un scriptorium na abadía. O asentamento comezou a converterse nun centro relixioso. Dise que os restos mortais do papa Alexandre I foron trasladados a Frisinga en 834.
En 996, Frisinga recibiu ss dereitos como cidade do emperador so Sacro Imperio Odón III. Porén, despois da «... destrución da ponte episcopal, a alfándega, a ceca e as salinas preto de Oberföhring polo duque Henrique o León, que trasladou as casas da alfándega e o lugar da ponte á parte alta de Oberföhring, colocándoas na localidade de Múnic nas beiras do Isar»,[8] en 1158, Frisinga comezou a perder a súa importancia económica. En 1159 construíuse a catedral románica (cunha notábel columna de animais na cripta).
Durante a mediatización e secularización dos territorios soberanos pertencentes a bispados, abadías e ordes relixiosas, proceso que aconteceu en Alemaña entre 1795 e 1814, un período marcado polo final da Revolución francesa, o nacemento e a desaparición do Primeiro Imperio francés e pola subseguinte descomposición (causada poa vitoria deste sobre Austria) do Sacro Imperio Romano Xermánico, que tivo como consecuencia a creación e desaparición do seu estado substituto, monicreque de Napoleón Bonaparte, a Confederación do Rin.[9][10]
Como consecuencia, en 1803, a Igrexa católica perdeu a maioría das súas propiedades e a autoridade na cidade. Nese ano a comunidade relixiosa de Weihenstephan deixou de existir, e pasou todos os seus dereitos, capitais e propiedades ao Reino de Baviera.
Este transformou a cervexaría de Weihenstephan na "Real Cervecexaría Bávara de Weihenstephan" e nun "Instituto de Agricultura". A cervexaría transformouse nunha escola para cerveceiros en 1919 e, na actualidade, é a "Facultade Cerveceira, de Alimentos e Lácteos da Universidade de Múnic".
Por ouro lado cómpre sinalar que, desde 1946 até 1951, o futuro papa Bieito XVI estudou Teoloxía católica e Filosofía na Universidade de Teoloxía e Filosofía de Frisinga.
Educación
En Frisinga están os seguintes centros educativos:
Educación secundaria
- Camerloher-Gymnasium Freising
- Dom-Gymnasium Freising
- Josef-Hofmiller-Gymnasium
Edicación universitaria
- Hochschule Weihenstephan-Triesdorf
- TU-München Weihenstephan
Cidades irmandadas
Frisinga está irmandada con:[11]
Galería
-
Catedral de Freising
-
Interior da catedral
-
Domberg (outeiro da Catedral) en inverno
-
Castelo do bispo
-
Igrexa de San Xurxo
-
Mosteiro de Neustift
-
Teatro Asam
-
Cervexaría Weihenstephan
-
Cervexaría Hofbräuhaus
-
Miradoiro do aeroporto
Notas
- ↑ Arcidiocesi di Monaco e Frisinga (italiano), Archidioecesis Monacensis et Frisingensis (latín), no Dicionario italiano-latín en liña.
- ↑ "Catholic.net - Weihenstephan, a cervexaría máis antiga do mundo". Consultado o 4 de xaneiro de 2021.
- ↑ Dr. R. Hennig, Katalog bemerkenswerter Witterungsereignisse. Berlin 1904; Originalquellen: Aventinus (Turmair), Johannes (gest. 1534): Annales Boiorum. Mit Nachtrag. Leipzig 1710; Annales Fuldenses, Chronik des Klosters Fulda. Bei Marquard Freher: Germanicarum rerum scriptores ua Frankfurt aM 1600–1611)
- ↑ "Tornadoliste Deutschland". Lista meteorolóxica alemá de tornados documentados[Ligazón morta].
- ↑ Rabenstein, Katherine. "Corbinian of Freising B (RM)". Santo del día(8 de setembro). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2006. Consultado o 4 de fefreiro de 2021.
- ↑ "Freising". Encyclopædia Britannica. 2007. Consultado o 4 de febreiro de 2021.
- ↑ Jones, Terry. "Saint Corbinian". Patron Saints Index. Consultado o 4 de febreiro de 2021.
- ↑ Lins, Joseph (1913). "Munich-Freising". Catholic Encyclopedia. Consultado o 4 de febreiro de 2021.
- ↑ Whaley, J. (2011): Germany and the Holy Roman Empire (1493–1806). Volune I. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1996-8882-1.
- ↑ John G. Gagliardo (1991): Germany Under the Old Regime, 1600–1790. Harlow, UK: Longman Publishing Group. ISBN 978-0-5824-9106-9.
- ↑ "Partnerstädte". partnerschaftsverein-freising.de (en alemán). Partnerschaftsverein Freising. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2021. Consultado o 4 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
Bibliografía
- Hubert Glaser, ed. (2002): Freising wird bairisch. Regensburg: Schnell & Steiner. ISBN 3-7954-1506-3.
- Sigmund Benker & Marianne Baumann-Engels (1989): Freising. 1250 Jahre geistliche Stadt, 739-1989. Ausstellung zum Bistumsjubiläum im Diözesanmuseum Freising. Katalog und Schriften. München: Wewel. ISBN 3-879-04162-8.
- Peter Hacker (2002): Freising Was die Stadt im 20. Jahrhundert bewegte. Passau: Stutz. ISBN 3-8884-9111-8.
- Joachim Hamberger, ed. (2007): Papst Benedikt XVI. in Freising. Freising: Freisinger Verlag. ISBN 978-3-0002-1226-0.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina web oficial (en alemán)
- Fotos de Frisinga
- Bayerische Staatsbibliothek (Biblioteca do Estado de Baviera) (en alemán)
- Guten Tag aus Freising Ola desde Freising en Stadtportal-Freising (en alemán)
- Monasterio de Weihenstephan, la cervecería más antigua del mundo. El monasterio benedictino de Weihenstephan es la cuna de la cerveza(en castelán)