KMFDM
| KMFDM | |
|---|---|
| Orixe | Hamburgo, |
| Período | 1984 - 1999 2002 - presente |
| Xénero(s) | techno industrial, rock industrial, metal industrial, electro-industrial |
| Selo(s) discográfico(s) | KMFDM, Metropolis Records, Z Skysaw Wax Trax! Sanctuary TVT |
| Membros | Sascha Konietzko Lucia Cifarelli Andy Selway Andee Blacksugar |
| Antigos membros | Mark Durante En Esch Jules Hodgson Rudolf Naomi Bill Rieflin Günter Schulz Tim Sköld Raymond Watts Steve White |
| Artistas relacionados | MDFMK, Excessive Force, Pig, KGC, Slick Idiot, Schwein, The Spittin' Cobras |
| Na rede | |
| kmfdm.net | |
KMFDM (orixinalmente Kein Mehrheit Für Die Mitleid, que se podería traducir como "sen piedade para a maioría")[1] é unha banda alemá de música industrial procedente de Hamburgo liderado por Sascha Konietzko, que fundou o grupo no ano 1984 como un proxecto de performance.
A primeira encarnación da banda incluía ao batería alemán En Esch e ao vocalista británico Raymond Watts. O trío gravou os primeiros álbums da banda en Alemaña antes de que Konietzko e Esch se mudasen aos Estados Unidos, onde conseguiron un maior éxito co selo industrial seminal Wax Trax! Records. O guitarrista alemán Günter Schulz uniuse en 1990 e tanto el como Esch continuaron ata que KMFDM se separou en 1999. Konietzko resucitou a banda en 2002 (Esch e Schulz non se uniron), desta vez no selo Metropolis Records, e cara 2005 tiña xa unha formación consistente que incluía á vocalista estadounidense Lucia Cifarelli, aos guitarristas británicos Jules Hodgson e Steve White, e ao batería británico Andy Selway. Konietzko e Cifarelli regresaron a Alemaña en 2007, mentres que o resto da banda quedou nos Estados Unidos. Hodgson e White pasaron a traballar noutros proxectos entre 2015 e 2017, deixando ao grupo como un trío. Ademais destes membros principais, ducias de músicos traballaron coa banda ao longo da súa historia. KMFDM chegou a vender máis de 2 millóns de discos en todo o mundo.
Os críticos consideran a KMFDM unha das primeiras bandas en levar a música industrial ao gran público, aínda que Konietzko se refire á música do grupo como "The Ultra-Heavy Beat". A banda incorpora riffs de guitarra do heavy metal, música electrónica, samples, e tanto voces masculinas como femininas ao seu son, which encompasses a variety of styles incluído rock industrial e electronic body music. A banda é ferozmente política, con moitas das súas letras en contra da violencia, a guerra e a opresión. KMFDM realiza polo menos unha xira por cada gran lanzamento e os seus membros son coñecidos pola súa accesibilidade e e a interacción cos seus seguidores, tanto a través de Internet como nos seus concertos. Os seus membros, sós ou traballando xuntos ou con outros músicos, gravaron baixo outros moitos nomes, principalmente Pig, Excessive Force, e Slick Idiot.
Discografía
Álbums
| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Opium | 1984 | autoeditado |
| What Do You Know, Deutschland? | 1986 | Z Records, Skysaw |
| Don't Blow Your Top | 1988 | Skysaw, Wax Trax! Records |
| UAIOE | 1989 | Wax Trax! Records |
| Naïve | 1990 | Wax Trax! Records |
| Money | 1992 | Wax Trax! Records |
| Angst | 1993 | Wax Trax! Records, TVT Records |
| Nihil | 1995 | Wax Trax! Records, TVT Records |
| Xtort | 1996 | Wax Trax! Records, TVT Records |
| Symbols | 1997 | Wax Trax! Records, TVT Records |
| Adios | 1999 | Wax Trax! Records, TVT Records |
| Attak | 2002 | Metropolis Records |
| WWIII | 2003 | Sanctuary Records |
| Hau Ruck | 2005 | Metropolis, KMFDM |
| Tohuvabohu | 2007 | Metropolis, KMFDM |
| Blitz | 2009 | Metropolis, KMFDM |
| WTF?! | 2011 | Metropolis, KMFDM |
| Kunst | 2013 | Metropolis, KMFDM |
| Our Time Will Come | 2014 | Metropolis, KMFDM |
| Hell Yeah | 2017 | earMUSIC, KMFDM |
| Paradise | 2019 | Metropolis, KMFDM |