Kylesa
| Kylesa | |
|---|---|
| Orixe | Savannah, Xeorxia, |
| Período | 2001 - 2016 (hiato) |
| Xénero(s) | sludge metal, heavy metal, stoner rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Season of Mist, Prosthetic, Havoc, Prank, 20 Buck Spin, La Familia, Alternative Tentacles, Retro Futurist |
| Membros | Phillip Cope Laura Pleasants Carl McGinley |
| Antigos membros | Eric Hernandez Chase Rudseal Jeff Porter Brandon Baltzley Christian Depken Brian Duke Corey Barhorst Tyler Newberry |
| Na rede | |
| http://www.kylesa.com/ | |
Kylesa é unha banda estadounidense de heavy metal formada en Savannah, Xeorxia. A súa música incorpora experimentación con riffs pesados, guitarras con afinación grave e elementos do rock psicodélico.[1] O grupo formárono no ano 2001 antigos membros de Damad, aos que se uniu a guitarrista Laura Pleasants. Dende entón pasou por diferentes cambios na súa formación; os únicos membros orixinais que quedan son Phillip Cope e Laura Pleasants. No ano 2006 o grupo engadiu dous baterías, Carl McGinley e Jeff Porter. Eric Hernandez uniuse en 2008 para substituír a Porter.
O 16 de abril de 2016 a banda anunciou a través da súa páxina de Facebook que entrarían nun hiato indefinido, dicindo: "Decidimos colectivamente tomar unha pausa sen unha data establecida para regresar".[2]
Discografía
| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Kylesa | 2002 | Prank Records |
| To Walk a Middle Course | 2005 | Prosthetic Records |
| Time Will Fuse Its Worth | 2006 | Prosthetic Records |
| Static Tensions | 2009 | Prosthetic Records |
| Spiral Shadow | 2010 | Season of Mist |
| Ultraviolet | 2013 | Season of Mist |
| Exhausting Fire | 2015 | Season of Mist |
Véxase tamén
Ligazóns externas
Notas
- ↑ Prosthetic Records (ed.). "Kylesa". Archived from the original on 24 de febreiro de 2009. Consultado o 4 de xaneiro de 2018.
- ↑ Pitchfork (ed.). "Kylesa Announce Indefinite Hiatus". Consultado o 4 de xaneiro de 2018.