Main Offender
| "Main Offender" | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| sinxelo de The Hives | |||||
| do álbum Veni Vidi Vicious | |||||
| Lanzamento | 3 de setembro do 2001 | ||||
| Formato | {formato} | ||||
| Gravada | 1999 | ||||
| Xénero musical | garage punk | ||||
| Lingua(s) | {lingua} | ||||
| Duración | 2:33 | ||||
| Discográfica | Burning Heart Records, Sweet Nothing Records, Poptones, Hard-On Records | ||||
| Produtor(es) | Pelle Gunderfelt | ||||
| Escritor(es) | |||||
| Cronoloxía | |||||
| |||||
| Miscelanea | {miscelanea} | ||||
"Main Offender" é un sinxelo da banda sueca The Hives, editado o 3 de setembro do 2001 e sacado do seu segundo álbum Veni Vidi Vicious. O tema tamén aparece no recompilatorio da banda Your New Favourite Band. A canción é esencialmente unha nova versión do tema "Have Love, Will Travel" de The Sonics. Nicholaus Arson afirma que é unha das súas preferidas. O riff de guitarra ten certa semellanza co do seu anterior sinxelo "Hate To Say I Told You So".
A canción aparece tamén nun anuncio da marca de lencería Agent Provocateur, no cal aparece Kylie Minogue montando un touro mecánico en roupa interior, con "Main Offender" soando de fondo.
O tema está dispoñible como canción xogable no videoxogo musical Rock Band, e foi tocada en directo polos empregados de Harmonix Music Systems mentres presentaban o xogo na convención E3 do ano 2007.
Listaxe de cancións
- "Main Offender"
- "Lost And Found"
- "Howlin' Pelle Talks To The Kids"