No ámbito musical, Crowe é cantante e compositor. Interveu no musical Grease, en 1983 e foi vocalista e guitarrista da banda de rock30 Odd Foot Of Grunts, formada en 1992 e xa disolta. O grupo non tivo boas críticas nin moito público, pero aínda así sacaron tres discos. Crowe continúa coa su carreira musical, colaborando con Alan Doyle, da banda canadenseGreat Big Sea, a comezos do 2005. Tamén publicou un álbum en iTunes titulado My Hand, My Heart, que inclúe unha canción tributo ó falecido actorRichard Harris, con quen fixera boa amizade na rodaxe de Gladiator.
Filmografía
Crowe no O'Reilly's Pub de St. John's de Terra Nova.