Simon Gallup
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Simon Jonathon Gallup 1 de xuño de 1960 Surrey, Reino Unido |
| Actividade | |
| Ocupación | baixista, baixista, cantautor |
| Período de actividade | 1975 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Rock alternativo, new wave, post-punk e Rock gótico |
| Instrumento | Baixo e teclado |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Simon Jonathon Gallup (nado o 1 de xuño de 1960 en Duxhurst (Surrey) é un músico inglés, baixista da banda post-punk The Cure.
Biografía
Simon é o máis novo de seis irmáns nacidos da parella formada por Bob e Peg Gallup. Xunto coa súa primeira muller, Carol Thompson, tocou nunha banda chamada The Magazine Spies. Antes de unirse a The Cure, Gallup tamén foi baixista do grupo de punk rock Lockjaw.
Gallup comezou a tocar con The Cure en 1979, substituíndo a Michael Dempsey no baixo. Tamén fai labores de teclista dende a saída de Matthieu Hartley en 1980. En 1982 foi expulsado do grupo despois dunha suposta pelexa nun bar con Robert Smith, pouco tempo despois de gravar o álbum Pornography e de rematar a súa xira de promoción.
Durante ese tempo formou o grupo Fools Dance (inicialmente chamado The Cry), e en 1984 regresou a The Cure, despois de que Smith o convidase a unirse novamente á banda.
A finais de 1992 tomouse un tempo de descanso durante a xira de Wish, despois de ter sido ingresado no hospital por unha pleurite. Durante a súa ausencia sería substituído no baixo polo anitigo membro de Associates e Shelleyan Orphan Roberto Soave.