Walter Matthau
Walter John Matthow,[1] coñecido como Walter Matthau, nado en Nova York o 1 de outubro de 1920 e finado en Santa Monica (California) o 1 de xullo de 2000, foi un actor estadounidense.
Traxectoria
Fillo dunha parella de xudeus inmigrantes, comezou a actuar nun campamento.
Durante a segunda guerra mundial serviu nas forzas aéreas, acadando o grao de sarxento. Acabada a guerra tomou clases de interpretación en Nova York. Tras aparecer no episodio piloto da serie Mr. Peepers en 1952, debutou no cinema en The Kentuckian, con Burt Lancaster.
O seu primeiro papel nunha comedia foi no teatro en 1965, na obra The Odd Couple, de Neil Simon con Art Carney. Cando a obra foi levada ao cinema repetiu o papel, pero esta vez con Jack Lemmon
En 1966 gañou o Oscar ó mellor actor secundario por En bandexa de prata, a primeira das súas colaboracións con Billy Wilder.
Filmografía
| Ano | Filme |
|---|---|
| 1955 | The Kentuckian |
| 1955 | The Indian Fighter |
| 1956 | Bigger Than Life |
| 1957 | A Face in the Crowd |
| 1957 | Slaughter on Tenth Avenue |
| 1958 | King Creole |
| 1958 | Voice in the Mirror |
| 1958 | Ride a Crooked Trail |
| 1958 | Onionhead |
| 1960 | Gangster Story |
| 1960 | Strangers When We Meet |
| 1962 | Lonely Are the Brave |
| 1962 | Who's Got the Action? |
| 1963 | Island of Love |
| 1963 | Charada |
| 1964 | O alférez Pulver |
| 1964 | Fail-Safe |
| 1964 | Adeus, Charlie |
| 1965 | Mirage |
| 1966 | En bandexa de prata |
| 1967 | A Guide for the Married Man |
| 1968 | Extraña parella |
| 1968 | The Secret Life of an American Wife |
| 1968 | Candy |
| 1969 | Hello, Dolly! |
| 1969 | Flor de cacto |
| 1971 | A New Leaf |
| 1971 | Plaza Suite |
| 1971 | Kotch |
| 1972 | Pete 'n' Tillie |
| 1973 | The Laughing Policeman |
| 1973 | Charley Varrick |
| 1974 | The Taking of Pelham One Two Three |
| 1974 | Earthquake |
| 1974 | The Front Page |
| 1975 | The Sunshine Boys |
| 1976 | The Bad News Bears |
| 1978 | Casey's Shadow |
| 1978 | House Calls |
| 1978 | California Suite |
| 1980 | Little Miss Marker |
| 1980 | Hopscotch |
| 1981 | First Monday in October |
| 1981 | Buddy Buddy |
| 1982 | I Ought to Be in Pictures |
| 1983 | The Survivors |
| 1985 | Movers & Shakers |
| 1986 | Piratas |
| 1988 | The Little Devil |
| 1988 | The Couch Trip |
| 1991 | JFK |
| 1993 | Dennis the Menace |
| 1993 | Grumpy Old Men |
| 1994 | I.Q. |
| 1995 | The Grass Harp |
| 1995 | Grumpier Old Men |
| 1996 | I'm Not Rappaport |
| 1997 | Out to Sea |
| 1998 | The Odd Couple II |
| 1998 | Love After Death |
| 2000 | Hanging Up |
Notas
- ↑ Edelman, Rob; Kupferberg, Audrey E. (2002). Taylor Trade Publishing, ed. Matthau: a life. Lanham, Maryland. p. 4. ISBN 0-87833-274-X.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Mel Gussow (2 de xullo de 2000). The New York Times, ed. "Walter Matthau, 79, Rumpled Star and Comic Icon, Dies". Consultado o 11 de maio de 2008.
- Walter Matthau na IMDb (en inglés).