Distrito Budaka
| Epónimo | Budaka town (en) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Uganda | ||||
| Rexión | Região Leste (pt) | ||||
| Capital | Budaka town (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 207.597 (2014) | ||||
| Lingua usada | Língua nyole (pt) Língua gwere (pt) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 384 km² | ||||
| Altitude | 1.080 m | ||||
| ISO 3166-2 | UG-217 | ||||
| Sitio web | budaka.go.ug | ||||
Budaka District é un distrito da Rexión Oriental de Uganda, chamada así pola súa capital, Budaka. O distrito cobre unha área de 384 km2. Está a unha altitude sobre o nivel do mar de entre 910 e 1220 m. Segundo o censo de poboación do ano 2002 tiña uns 221.500 habitantes. A súa densidade de poboación era de 372 persoas por km2.
A etnia predominante no distrito son os bagwere.
Limita co Distrito Pallisa polo norte, co Distrito Mbale polo leste, co Distrito Butaleja polo sur e co Distrito Kibuku polo oeste.
Este distrito entrou en funcionamento o 1 de xullo de 2005. Anteriormente formaba parte do Distrito Pallisa, saíndo do Condado de Budaka. Consiste nos seguintes sete subcondados:
- Budaka
- Iki-Iki
- Naboa
- Lyama
- Kaderuna
- Kamonkoli
- Kameruka
Economía
A agricultura é a principal actividade económica do distrito, ocupando o 86% da poboación segundo o censo do 2002.
Recentemente, abriuse unha fábrica de ladrillos e baldosas en Kamonkoli, da Uganda Clays Limited. A fábrica crese que empregará 200 persoas en pleno funcionamento.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Portal do Distrito Budaka Arquivado 29 de febreiro de 2008 en Wayback Machine.