Distrito Buvuma
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Uganda | ||||
| Rexión | Região Central (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 89.890 (2014) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 218,3 km² | ||||
| Altitude | 1.340 m | ||||
| ISO 3166-2 | UG-120 | ||||
| Sitio web | buvuma.go.ug | ||||
Buvuma District é un distrito da Rexión Central de Uganda. Corresponde ao arquipélago das Illas Buvuma do Lago Vitoria. A súa sede atópase en Kitamilo. A súa poboación foi estimada no censo do 2002 en 42.500 habitantes. Limita co Distrito Jinja polo norte, co Distrito Mayuge polo leste, coa República de Tanzania polo sur e co Distrito Buikwe polo oeste e noroeste.
Componse de 52 illas esparexidas polo norte do Lago Vitoria. A illa maior é a denominada Buvuma, que lle dá nome ao distrito, que se creou no ano 2010.[1] Administrativamente o distrito subdivídese en catro subcondados:
- Bugaya
- Busemizi
- Bwera
- Nairambi
Notas
- ↑ "Buvuma Islands Accommodations, Deals And Travel Reviews". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 28 de novembro de 2011.